O goberno de Nigrán descarta ampliar os campamentos infantís ao mes de agosto. Esta actividade que congregou próximo a 90 cativos no mes de xullo ca fin de conciliar o horario laboral das familias coas vacacións escolares non se estenderá por falla de fondos. Así o comunicou onte o goberno local no acto de clausura da actividade no colexio de Panxón, alegando que os orzamentos prorrogados de 2013 teñen as partidas das actividades socias e de conciliación esgotadas. A decisión da administración popular de Nigrán foi duramente criticada dende o PSOE por chegar a poucos días de que o alcalde Alberto Valverde anunciara unha urbanización do paseo fluvial do Río Muíños por valor de case 1 millón de euros e propuxera unha subvención á empresa organizadora do festival Portamérica de 30 mil euros, ambas as dúas con fondos propios do municipio.
Dende filas socialistas non dan crédito á denegación anunciada polo PP dunha actividade que é cofinanciada polos usuarios e que "non supón un gran gasto" para Nigrán, a pesar da súa importancia para as familias. Entenden que a única explicación atópase en que o alcalde gastou nos primeiros sete meses todas as partidas dos orzamentos prorrogados de 2013, sen planificación ningunha.
"El anuncio es realizado por las Concelleiras de Empleo y Patrimonio ante la "espantada" del Alcalde de Nigran y la Concejala de Cultura y Turismo que se ausentan de Nigran durante mas de una semana al no ser capaces de aprobar el presupuesto para el año 2014 y en el momento en el que el Regidor debería tomar las riendas de un gobierno dividido y totalmente desbordado." aseguran os socialistas.
A concelleira de Patrimonio, Igualdade e Xuventude, María José Pino, desminte a información lanzada polos socialistas, e nunha mensaxe enviada a vm.info manifesta que nin ela nin a concelleira de emprego, fixeron declaración algunha durante o anuncio do peche dos campamentos. "Estoy asombrada con las declaraciones que acabo de leer, referentes al día del cierre de los campamentos de verano. Es cierto que estuve acompañada por Rosa, concejala de Empleo, pero en ningún momento hicimos ninguna declaración, espero que rectifiquen esta publicación." pero non entrou a valorar a medida adoitada polo goberno local.