Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP gobernará Nigrán cos orzamentos prorrogados de 2013 tras afondar discrepancias coa oposición.

O PP gobernará Nigrán cos orzamentos prorrogados de 2013 tras afondar discrepancias coa oposición.

Correo-e Imprimir PDF
Sesión plenaria Nigrán
Contido da moción de urxencia relativa á subvención
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A intención do goberno de Nigrán de "subvencionar" con 30.000 euros á empresa organizadora do festival Portamérica rematou por afundir por terceira vez a proposta orzamentaria para o 2014 presentada polo goberno local.

Se os 9 membros da oposición xa amosaban o seu descontento pola exclusión da totalidade das enmendas que presentaron ao proxecto na anterior sesión, a inclusión desta modificación extraordinaria de crédito para conceder unha "subvención nominativa" de 30.000 euros á empresa viguesa Esmerarte Industrias Creativas, organizadora do festival portAmérica,  sen ningún informe que avaliara a mesma rematou por desbotalo.

Agora o concello deberá rematar este ano cos orzamentos prorrogados do 2013. Situación que podería estenderse ao vindeiro ano (electoral) de manterse a quebra do entendemento político entre o PP e o resto das agrupacións, estas maioritarias no pleno municipal.

A moción dos 30.000 euros consegue desviar a atención no debate dos orzamentos

O argumento do oficialismo centrouse nos beneficios económicos que o evento creado por Emerante brinda ao concello. Os populares sinalaron no debate o importante número de visitantes que recibe Nigrán, a súa pegada nos ingresos na hostalaría local e o campamento de Porto do Molle. Tamén a creación de máis de 500 postos de traballo, ainda que Concelleira de Cultura Liliana Silva encargada de defender a moción, non foi capaz de concretar se se trataban de postos directos e ou indirectos, durante os tres días que durou o festival.
Mais a oposición entendeu que estas afirmacións non estaban acreditadas en ningún informe técnico e que sería un agravio comparativo non "darlle subvencións a empresas instaladas en Porto do Molle que dan emprego non só durante tres días, se non durante todo o ano" sinalaron os socialistas.

Varios concelleiros expresaron a súa contrariedade por entender que Nigrán xa colabora co evento non cobrando os impostos correspondentes pola ocupación de chan público, entre outros. Se ben os portavoces opositores coincidían na necesidade da apoiar este evento, rexeitaron unanimemente que fora a través dunha subvención directa á unha empresa privada, e por unha actuación que xa tivera lugar. Críticas ás que engadiron que o alcalde non amosou a mesma dilixencia nin sensibilidade no apoio ás asociacións veciñais , culturais e deportivas de Nigrán, duramente afectadas polos recortes nas axudas e que estes 30.000 euros serían retraídos das partidas destinadas ao resto de colectivos de Nigrán.