Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A oposición presenta un proxecto propio de orzamentos para Nigrán e rexeita o plan do goberno.

A oposición presenta un proxecto propio de orzamentos para Nigrán e rexeita o plan do goberno.

Correo-e Imprimir PDF
Download this file (PROPUESTA ORZAMENTO.14.pdf)

Por segunda vez o proxecto de orzamento presentado polo goberno en minoría de Nigrán quedaron rexeitados polo pleno. Sen embargo, unha enmenda ao mesmos elaborada pola UCN e consensuada co PSOE, BNG e o concelleiro non adscrito Ignacio Vilas podería dar solución ao tema. A iniciativa pasou a informe dos servizos económicos municipais os que deberán dar o seu veredicto antes da súa consideración final nun novo pleno.

Para a oposición a nova proposta presentada polo equipo do popular Alberto Valverde só “maquillaba” o proxecto rexeitado no pleno anterior. O edil Antonio Fernández (UCN), adiantaba antes do pleno que o goberno só contemplaba unha redución de 50 mil euros no cobro de impostos directos á veciñanza, pasando dos 220 mil inicias a 170 mil na nova proposta. A iniciativa levado hoxe polo goberno aplicaba algúns “retoques” en gastos correntes e recortaba aínda máis o capítulo de inversións, deixando os presupostos na cifra de 12.758.767,52€.

A maiores, o proxecto oficialista prevía unha partida de 160 mil euros para pagar o amento do 35% decretado unilateralmente por SOSGAMA para o canon do tratamento do lixo. Unha decisión que Fernández rexeita por entender que modifica “substancialmente” o contrato, e que debería ser recorrido pola administración local como o advertira un informe da Intervención Municipal.

Proposta alternativa presentada pola oposición

A proposta presentada por UCN co apoio da totalidade dos grupos da oposición (ver pdf adxunto) propón reducir en 200 mil euros os ingresos por taxas e outros impostos directos. Tamén aplica unha redución de 447 mil euros en gastos correntes onde as principais afectadas son a previsión para gastos xurídicos (preitos) cunha quita de 100 mil euros e o tratamento do lixo, cunha diminución de 160 mil euros. Finalmente, aumenta o plan de investimentos reais con 247 mil euros superando deste xeito os 900 mil neste capítulo.