Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Denuncian importantes avarías e desfeitas no parque deportivo infantil da Ramallosa.

Denuncian importantes avarías e desfeitas no parque deportivo infantil da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
rp1
rp2
rp3
rp4
rp5
rp6
  • Anterior
  • 1 of 6
  • Seguinte

Porta accesible rota, porterías e canastras desfeitas, paneis de protección rachados, estruturas oxidades e arames e ferros ao aire con grave perigo "para os centos de nenos e nenas que usan a diario esta instalación dedicada ao ocio e o deporte", é o panorama que ofrece o parque infantil da Ramallosa, a carón da antiga estación do tranvía, segundo describe o edil socialista, Juan González. O concelleiro reclama unha intervención inmediata de parte da administración do alcalde popular Alberto Valverde, para acondicionar este espazo público, que agrega, non implican grandes inversións ás arcas municipais.


González ilustra a desfeita cunha escolma fotográfica na que salientan diversas estruturas en mal estado. "O desintereses e a desidia instálanse definitivamente no goberno de Nigrán que non é quen, tan sequera, de levar a cabo un mínimo mantemento en lugares de uso habitual de menos e que acaban supondo un risco importante para que os usa e disfruta", denuncia. Agrega que a instalación ofrece "unha imaxe paupérrima do municipio"
González aproveita para lembrar á administración popular que para o arranxo das instalacións "nin tan sequera cumpre ter un orzamento aprobado (isto non vai servir sempre de escusa) tan so é necesario traballo e un pouco de dedicación a Nigrán".
Nun comunicado achegado aos medios, salienta que dende "o Grupo Municipal Socialista pedimos a Alberto Valverde e a Liliana Silva, Alcalde e Concelleira de Deportes e ambos con dedicación exclusiva, que se esquezan por uns momentos de fotografías e eventos millonarios e que coiden do noso deporte base, das nosas instalacións, do turismo e sobre todo dos nenos e nenas de Nigrán"