Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O BNG convoca en Nigrán unha Asemblea Aberta á cidadanía co obxectivo de impulsar espazos de colaboración

O BNG convoca en Nigrán unha Asemblea Aberta á cidadanía co obxectivo de impulsar espazos de colaboración

Correo-e Imprimir PDF

Este sábado, 4 de outubro, terá lugar, ás 11 da mañá no 1º piso do Centro da Terceira Idade da Ramallosa (antiga estación do tranvía), unha Asemblea Aberta a toda aquela persoa que queira participar, convocada polo BNG de Nigrán. Dito acto enmárcase dentro do proceso Construíndo Futuro, promovido polo BNG, de contraste social e debate político, na procura de espazos de colaboración estábeis.


O concelleiro Xavier Rodríguez (BNG de Nigrán) salienta que a súa agrupación cree necesario acumular forzas de cara ás eleccións municipais de 2015. "A nosa aposta é facelo a través da posta en marcha dun proceso amplo de diálogo social. Consideramos tamén unha necesidade reforzar unha alternativa en clave de país no ámbito local, que faga fronte ao ataque sistemático aos dereitos sociais, máis tamén á degradación dos nosos sinais de identidade e ao retroceso re centralizador plasmado en todas as contrarreformas normativas impulsadas polo Partido Popular".
Engade que por iso están a promover asembleas abertas. "Porque o desafío que emprendemos necesita do compromiso e da participación popular, precisa de moitas mulleres e homes, mozas e mozos orgullosos da súa condición de galegas e galegos".