Ante a posta en escea de onte do goberno de Nigrán para presentar un proxecto de actuación sobre o río Muiños estimado en 1 millón de euros de gasto municipal, o PSOE da posible "hipoteca" que suporá a actuación e o mantemento da mesma.
O seu portavoz, Juan A. González, denunciou onte que o concello non buscase nin sequera a participación económica da Xunta de Galicia ou de Augas de Galicia.
Por outra banda poñen en dúbida a actuación e o seu mantemento futuro, pondo en contraste o estado actual da zona que fora rehabilitada en 2008 dende Praia América até Porto do Molle cun custe de 60.000€ e que hoxe é pasto da maleza e a falta de mantemento.
Prioridades no gasto do diñeiro municipal
“Alberto Valverde remata cos fondos provintes do aproveitamento de Porto do Molle e esquécese de dotar de auga a Parada ou Camos, de humanizar o Torreiro de Parada ou de solucionar os viais de acceso ao Polígono. Mentres tanto o Alcalde de Nigrán pregoa que non ten cartos ni para entidades deportivas, ni entidades sociais, nin para formación ou emprego dos centos de veciños que pasan por unha situación extremadamente complicada, e achaca esta situación aos partidos da oposición que non aproban o seu orzamento, e agora anuncia sen rubor o gasto de 1.000.000€ no río Muíños” apuntou González.
“O río Muíños será o “Gaias” dun Alcalde sabedor de que non seguirá como Alcalde despois das eleccións de maio de 2015 e deixando máis de 270.000m2 “ajardinados” sen ter calculado o seu futuro mantemento que terá que asumir o novo goberno moi probablemente pola vía de incremento impositivo aos seus cidadáns”
“Un concello que non é quen de manter tan sequera limpo e desbrozada a senda actual, como pretende conservar un proxecto de esta envergadura?. Como a Cidade da Cultura de Manuel Fraga, caendo e derrubándose e botándolle a culpa despois ao novo goberno saído das eleccións de maio de 2015”
Segundo González o río Muíños debe conservar "o seu carácter natural" e non deberían consentirse actuacións "faraónicas" que converteran unha senda natural "en un espacio ajardinado" en palabras do rexedor.
“Dende o Partido Socialista pedimos ao Alcalde de Nigrán que reflexione e que non se deixe levar por anuncios electoralistas, que inverta unha cantidade sensata no sendeiro do Río Muíños que mellore a súa situación actual, que amplíe a senda que no a faga perder seu carácter de sendeiro fluvial natural e que o seu mantemento non supoña unha ruína para os veciños e veciñas de Nigrán”
De ónde saen os cartos.
O 1 millón de euros das arcas municipais proveñen do aproveitamento urbanístico de Porto do Molle polo que o PSOE propón que ese diñeiro se invita en consignar fondos para dotar o abastecemento de auga a Camos e Parada, en crear un plan de emprego relacionado co parque empresarial, e actuar con urxencia nos centros educativos de Nigrán, entre outros.
“Dende o Partido Socialista cremos que non é o momento de proxectos faraónicos que serán unha ruína no futuro para Nigrán e si en solucionar os moitísimos problemas que teñen en estes momentos os nosos cidadáns”
O concello de Nigrán leva tres anos aplicando unha suba de taxas e impostos nos momentos máis duro da crise alegando un desequilibrio económico da anterior corporación que contradice as mensaxes de balances de tesourería que fala de superhabit de 2 millóns de euros.