Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Policía Autonómica e Augas de Galicia inspeccionan intervencións do Concello de Nigrán no Río Muíños.

A Policía Autonómica e Augas de Galicia inspeccionan intervencións do Concello de Nigrán no Río Muíños.

Correo-e Imprimir PDF
muinos10 04_2012_2
muinos10 04_2012_1
O PSOE denuncia que as obras non contan co perceptivo proxecto técnico nin cos permisos de Augas de Galicia
O PSOE denuncia que as obras non contan co perceptivo proxecto técnico nin cos permisos de Augas de Galicia
O PSOE denuncia que as obras non contan co perceptivo proxecto técnico nin cos permisos de Augas de Galicia
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

A Policía Autonómica e Augas de Galicia inspeccionaron esta mañá a canle do Río Muíños co fin de valorar e informar sobre as actuacións que está a desenvolver o Concello de Nigrán e que foran denunciadas polo PSOE por presuntas irregularidades. O concelleiro Juan González (PSOE) advertiu nesta xornada que "no día de onte desprazaron o caudal do río Muíños, encofraron e botaron formigón sobre o leito do mesmo", á vez que confirmou que os feito están en mans da Fiscalía.

As obras –segundo informara o alcalde Alberto Valverde- responden a dúas actuacións: a limpeza e baleirados de areas acumuladas para evitar eventuais crecidas do caudal e o arranxo dunha tubaxe de saneamento, ambas as dúas cos respectivos permisos de Augas de Galicia.

Nembargante, os socialistas sosteñen que as intervencións se levan adiante "sen as correspondentes autorizacións e sen proxecto técnico que as respalde." Nese senso, o portavoz Juan González reiterou esta mañá a paralización inmediata das mesmas.