Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O BNG levará ao Parlamento Galego a mortandade de peixes no río Muiños

O BNG levará ao Parlamento Galego a mortandade de peixes no río Muiños

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe dos peixes mortos na desembocadura do río Muiños. Foto: A. Martinez - La Voz de Galicia

O BNG de Nigrán manifestou estes días a súa intención de presentar varias iniciativas parlamentarias referidas ao problema de mortandade de peixes atopado no río Muiños en Nigrán. A noticia publicada o pasado 21 de xullo por La Voz de Galicia despertou as alarmas medioambientais para esclareder por parte do Seprona as causas desta mortandade.

Os nacionalistas pretenden preguntar ao goberno da Xunta sobre os verquidos ao ría e as accións a levar a cabo por parte da administración autonómica.

O deputado  do BNG Henrique Viéitez, presentou sendas iniciativas parlamentarias, co obxecto de seren tratadas no Parlamento Galego, relativas a situación crítica que se está a producir de xeito reiterado na desembocadura do río Muiños.

Nestas iniciativas o Bloque pretende, por medio de preguntas para a súa resposta por escrito e oral en comisión, interrogar ao Goberno Galego sobre se ten coñecemento dos verquidos ao río e as actuacións que pensa levar a cabo ao respecto, e de ser así, en qué prazos.

O BNG presentará igualmente unha proposición non de lei na que se insta ao Goberno Galego a adoptar unha solución definitiva, realizando un estudo dos focos contaminantes que producen verteduras, ao obxecto de eliminalos e proceder a sanear o río Muiños ao longo do seu percorrido. Neste sentido, a parte dos problemas que poida causar a depuradora, o BNG de Nigrán denuncai que "un paseo pola rehabilitada senda do río, amósanos toda unha colección de tubos, tuberías e bocas de todo tipo que dan ao seu cauce; o que demostra a necesidade de erradicar, de xeito definitivo, as verteduras ilegais, maiormente de augas fecais, pero tamén derivadas das actividades económicas desenvoltas nas súas proximidades."

O BNG de nigrán manifesta que a presión urbana que soporta este río, do que se pretende que sexa un auténtico corredor verde, predispón que estas situacións se repitan cunha frecuencia e intensidade non desexadas, polo que é necesario actuar de xeito inmediato para elaborar unha relación de focos contaminantes e proceder a súa eliminación, garantindo así o ecosistema que se desenvolve ao longo deste río.