Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán anuncia un proxecto de recuperación do Río Muiños a presentar ante Augas de Galicia.

O Concello de Nigrán anuncia un proxecto de recuperación do Río Muiños a presentar ante Augas de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF
valverde-silva-rio-muino

El Concello de Nigrán presentará un proxecto de recuperación das ribeiras e a senda peonil do Río Muiños a vindeira semana ás autoridades de Augas de Galicia. A proposta será levada polo alcalde Alberto Valverde e o concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Ignacio Vilas. O anuncio, feito esta tarde pola administración local, pretende " conseguir que o organismo autonómico coñeza a proposta do goberno municipal e apadriñe un proxecto que mellorará un espazo natural de gran importancia para Nigrán".

 

Segundo o comunicado achegado dende o Concello, o proxecto deste caudal contempla a recuperación das marxes do Río Muiños desde "a súa desembocadura en Praia América ata o seu nacemento na parroquia de Chandebrito". O goberno municipal pretende acometer este proxecto de "forma inmediata, coa firme intención de recuperar un espazo natural e de lecer de gran valor tanto para os veciños e veciñas de Nigrán como para todos aqueles que ano a ano visitan o municipio".

O rexedor municipal manifestou o seu convencemento de que "Augas de Galicia mostrará o seu interese na idea de mellorar a situación dun río como o Muíños e da súa senda peonil." Agregou que "Se Nigrán pode ser un municipio de referencia para o desenvolvemento sostible como o é coa implantación do parque empresarial de Porto do Molle e a recuperación do río á súa altura, tamén o pode ser cunha actuación como a prevista, que mellorará acondicionará o río e as súas marxes desde o seu inicio en Chandebrito ata a súa desembocadura en Praia América".

O escrito da administración popular de Nigrán argumenta que Alberto Valverde "subliñou a importancia de recuperar e revalorizar o patrimonio natural e o coidado e protección medio ambiental de Nigrán". Nese senso sita unha declaración do alcalde na que afirma que trátase "dun principio que asumín como prioritario desde que accedín á alcaldía o pasado mes de xuño". "En pouco máis de seis meses deixamos claro que o medio ambiente é un dos alicerces que guían o noso quefacer diario no concello, con respecto, responsabilidade e coherencia, e ao que damos e seguiremos dando o máximo impulso posible", agregou.