Martes, 9 Aug. 2022

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Nigrán Fernández (UCN) sinala ao PP e ao PSOE como responsables dun novo “estrepitoso fracaso” do PXOM de #Nigrán.

Fernández (UCN) sinala ao PP e ao PSOE como responsables dun novo “estrepitoso fracaso” do PXOM de #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Antonio Fernández Comesaña (UCN) manifesta que o PXOM de Nigrán camiña cara a un “estrepitoso fracaso” produto dunha “nefasta xestión” durante os últimos 16 anos da que responsabiliza por igual ao PP como ao PSOE. O portavoz da UCN que a semana pasada denunciara que o alcalde negociaba “por detrás da corporación” a desviculación do actual equipo redactor do documento, cualifica como “bochornoso”  a dilapidación de máis de 400 mil euros que as arcas públicas levan investido no mesmo.

Fernández Comesaña, sinala que xa advertiu no ano 2008 ao entón alcalde Efrén Juanes, que está situación podería darse “e propuxémoslle frear aquel concurso (que só financiaba a Xunta sen achega municipal), dotalo de máis recursos para que puidesen concursar empresas galegas de certo nivel “. Sen embargo, denuncia,  optouse por “tirar para adiante, cunha empresa que está en proceso concursal e que foi incapaz de realizar o seu traballo no prazo comprometido (18 meses), polo que deberá indemnizar por danos e prexuízos causados”.

“Con todo, o alcalde segue coa teima de non recoñecer o seu fracaso”, engade Fernández, “e reitera que malia todo, o PXOM será realidade nesta lexislatura, volvendo enganar aos veciños unha vez máis, cando prometeu aprobalo no primeiro ano de mandato”.