Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Esquerda Unida pide a apertura do punto limpo de #Nigrán

Esquerda Unida pide a apertura do punto limpo de #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida solicita ao Concello de Nigrán que poña en funcionamento as instalacións do punto limpo municipal que segundo prometera o alcalde debía estar operativo a finais de 2013. O colectivo reclama unha "xestión pública e transparente".
Sinalan que segundo o anuncio que figura na entrada do punto de limpo de Nigrán as obras debían finalizaba en decembro do ano 2013, a pesar do cal na actualidade ditas instalacións están sen abrir.

O seu portavoz José Cuevas lembra que o pasado 25 de outubro de 2013 o alcalde anunciou que a finais de ese ano a veciñanza de Nigrán ía a dispoñer dun punto limpo, indicando que o goberno municipal estaba estudando que o xestionaría unha empresa privada, "modelo privatizador que xa Esquerda Unida denunciou como fonte de corrupción e enchufismo", advirte.
Por outra parte Esquerda Unida lembra que durante estes anos de vixencia de contrato de recollida de lixo do Concello de Nigrán, debería estar a funcionar un punto limpo móbil có fin de facilitar o acceso directo a cidadanía do depósito selectivo de residuos de orixe doméstico. Este punto limpo desprazaríase polas distintas zonas co concello cunha frecuencia máxima bimensual e estaba valorado en 90.741,40 euros. "Polo que se deberá adecuar dito contrato a nova situación cando se abra o punto limpo, así como non pagarlle a empresa a prestación dun servizo inexistente" afirman.