Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Xunta paga 5 anos despois a expropiación do vello almacén municipal da Lagoíña a #Nigrán.

A Xunta paga 5 anos despois a expropiación do vello almacén municipal da Lagoíña a #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe frontal da nave alugada antes da remodelación feita polo concello

As arcas do Concello reciben 255.249€ pola expropiación de terreos e o almacén municipal afectados pola construción dos accesos da AG57 ao Polígono de Porto do Molle en 2009. O PSOE pretende que eses fondos sexan destinados a construír un novo almacén que remate coa "sangría" de 51.000€ anuais que o Concello está a pagar polo aluguer da nave privada na Rúa dos Pazos que oficia de depósito dende 2012.

Os socialistas condicionan o seu apoio aos orzamentos municipais, no inicio dunha auditoría que determine se se cometeu algunha irregularidade ou "malversación de fondos públicos" na contratación do citado almacén privado.

Daquela, a nave construída sobre unha chan cualificada como rústica, foi derrubada para construír a conexión do parque empresarial de Porto do Molle coa AG-57. Efrén Juanes, nese intre alcalde de Nigrán, informou que a Xunta abonaría ao municipio próximo a 260 mil euros. Cartos que pasado o tempo non remataban de chegar ás arcas municipais e foron obxecto de reclamo en 2012 polo actual rexedor Alberto Valverde a María José Bravo, delegada da Xunta de Galicia en Vigo.

O derrubo da instalación levou ao anterior goberno socialista a usar como tal o edificio municipal localizado na Telleira ata 2011. Un ano despois, co Partido Popular no goberno de Nigrán optouse por alugar unha nave na Rúa dos Pazos pola que se están pagando máis de 4.000€ ao mes de aluguer (51.000€ anuais) e "na que se levan invertido máis de 200.000€ do erario público nunha instalación privada" , segundo denuncian os socialistas.
Co fin de "rematar dunha vez por todas con esta sangría económica" o Partido Socialista adianta que condicionará o apoio aos orzamentos a que se inclúa o compromiso de iniciar as xestións para a construción dun almacén municipal cos 255.249€ recibidos, así como o inicio dunha auditoria que determine se se cometeron irregualirades na adxudicación do aluguer do actual almacén.

O PSOE denunciara un trato de favor no concurso público de 198.240 euros da na en aluguer