Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán EU sinala que despois de 7 anos o Concello de #Nigrán comezou a facer públicas as licitacións.

EU sinala que despois de 7 anos o Concello de #Nigrán comezou a facer públicas as licitacións.

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida destaca que as denuncias presentadas pola falla de publicidade na contratación no Concello de Nigrán deron os seus froitos, publicándose esta semana no perfil do contratante do concello e no BOP as licitacións dos contratos para a limpeza de edificios municipais e edificios escolares. O seu portavoz, José Cuevas asegura que este feito "non acontecía polo menos desde hai 7 anos".

Segundo José Cuevas, tamén neste mesmo sitio publicouse a relación de expedientes de contratación adxudicados polo procedemento negociado sen publicidade durante o ano 2013.
Para Esquerda Unida, a pesar de non ter representación institucional, os seus militantes están a facer "unha oposición con rigor e sen demagoxias e populismo". Nese senso, sinalan que estas publicacións significan un "recoñecemento implícito" por parte do alcalde Alberto Valverde, da "veracidade das denuncias de falta de transparencia en materia de contratación". Ao mesmo tempo, dende EU aseguran que isto significa "a aceptación parcial da moción sobre transparencia na contratación que Esquerda Unida presentou para a súa discusión no pleno, a pesar de non ser levada ao pleno".