Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda #Entroido Máis de 600 persoas desfilarán na Avda. Praia América nos “Carnavales 2014” de Nigrán.

#Entroido Máis de 600 persoas desfilarán na Avda. Praia América nos “Carnavales 2014” de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
entroido-nigran-2013

-A alcaldía entregará 300 euros a cada asociación cultural ou veciñal do municipio que participe do desfile, sempre que estean inscritas no rexistro do Concello de Nigrán.
-O Concello de Nigrán anuncia a participación de 17 comparsas integradas por máis de 600 persoas no desfile central do programa "Carnavales 2014", do Entroido local. A actividade se desenvolverá desde as 17 horas pola Avenida Praia América o vindeiro sábado 1 de marzo.

Finalmente serán 17 as agrupacións que participarán no desfile central do Entroido de Nigrán que terá lugar o vindeiro sábado 1 de marzo na Avda. Praia América a partir das 17 horas. Procedentes de Nigrán, Gondomar, Tui, Redondela,Tomiño e Vigo, as comparsas competirán por un total de 2.850 euros en premios dispostos polo Concello.
Se as condicións meteorolóxicas o permiten, o concurso, presentado por Isla Letriska, comezará a las 17.00 horas na Avda. de Praia América, e se prolongará durante dúas horas e media.
300 euros para as asociacións culturais ou veciñais inscritas no rexistro.
Todas as asociacións culturais e veciñais que desfilen e estean inscritas no rexistro do Concello contarán cunha dotación adicional de 300 euros por colectivo, segundo anuncia a administración local.
Máis programación
O goberno municipal complementará a programación do "Carnaval 2014" coa celebración de talleres infantís baixo o eslogan "La búsqueda del tesoro", que terán lugar no Pavillón Municipal de Panxón o luns 3 de marzo a partir das 17.00 horas, e un concurso infantil de disfraces o día 4, tamén no pavillón e á mesma hora, con máis talleres e hinchables gratuítos para os máis pequenos.
Enterro da Sardiña
O enterro da sardina terá lugar o mércores 5 a partir das 19.00 horas, na contorna da Ramallosa.