Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Peitieiros: Baixada do Tourón da Paraguda #Entroido

Peitieiros: Baixada do Tourón da Paraguda #Entroido

Correo-e Imprimir PDF
touron peitieiros

O Centro Cultural de Peitieiros celebra un ano máis o sábado de Entroido, o día 28 de febreiro. O tourón iniciará o seu percorrido ás 17:00 nos Amados, O Regueiro e logo percorrerá O Palame e A Area, até chegar ao adro da igrexa parroquial , ás 19:00, alí comezará a festa , primeiro co Tourón no propio adro, e logo no Centro Cultural onde haberá certame de sobremesas, de disfraces, música, maquillaxe, etc.

Continuando coa tradición iniciada o pasado ano, volverá baixar o Tourón da Paraguda. Esta figura foi creada e introducida o pasado ano 2013, con vocación de permanencia e co obxectivo de animar o Entroido de Peitieiros e Gondomar.

O tourón, como lle chaman en Peitieros ao teixugo, é un animal omnívoro que vive no monte e ás veces se alimenta de cultivos, motivo polo que pode chegar estragalos.  Existen rexistros fotográficos de captura do animal posibelmente no monte da Paraguda, o pico máis alto do monte Matalagartos que está sobre a parroquia de Peitieiros. Ao redor deste feito a Directiva do Centro Cultural propón unha festa na que non faltarán as coplas e que percorrerá a parroquia nesta tarde de sábado de Entroido.