Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE de Nigrán denuncia o peche ilegal do Camiño das Chans en Lourido con bloques de granito.

O PSOE de Nigrán denuncia o peche ilegal do Camiño das Chans en Lourido con bloques de granito.

Correo-e Imprimir PDF
2-bloque-granito
canaval-abatido
1-bloque-granito-chans
2-canaval-abatido
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

O PSOE de Nigrán alertou esta tarde que o acceso ao Camiño das Chans no Lourido leva un mes cortado cun espallamento de grandes bloques de granito. Os socialistas salientan que trátase do único acceso ás primeiras calas do Lourido. Camiño que foi motivo dun preito hai 20 anos e cuxa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia “deu a razón ao concello de Nigrán fronte aos intereses de particulares”, sinalan. Por outra banda, engaden que o canaval que protexe a costa “foi totalmente arrasado sen que o Concello teña tomado ningún tipo de medidas”.

Peche ilegal e arrasado do canaval da costa.

O PSOE de Nigrán lamenta a falla de vixilancia das autoridades municipais, nomeadamente deste camiño “público e inventariado”. Salientan que seus arredores “foi arrasado da súa vexetación orixinal, un canaval que protexe a costa do abatemento do mar, e foi pechado con grande pedras de granito xa fai máis de un mes sen que a administración que ten a obriga de defender os camiños públicos fronte a as agresións ou peche de particulares teña feito nada, a pesar de ser coñecedores de dita apropiación de este ben municipal”.

Os socialistas esixen ao alcalde que actúe de inmediato.

Os denunciantes esixen ao alcalde Alberto Valverde que “inicie de inmediato os trámites que sexan necesarios para recuperar este camiño que da acceso as calas de Monte Lourido e que, a día de hoxe, permanece pechado”.


Ver Camiño das Chans (Monte Lourido - Nigrán) en un mapa más grande