Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Praza da Carrasca entra en obras de remodelación por dous meses.

A Praza da Carrasca entra en obras de remodelación por dous meses.

Correo-e Imprimir PDF
praza-carrasca

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e o concelleiro de Vías e Obras, José Álvarez, visitaron hoxe as obras de acondicionamento da Praza da Carrasca. A actuación, executada pola empresa Construcións Ainxuela, está valorada en algo máis de 86.000 euros, e ten un prazo de execución estimado de sesenta días.


O rexedor municipal destacou a importancia desta actuación, tras o que considerou "varios intentos errados por parte de anteriores gobernos, e que mellorará de forma significativa a imaxe duns dos espazos máis emblemáticos do municipio".
Na visita agregou que o acondicionamento da Praza da Carrasca "dará un novo e mellorado aire a esta zona de lecer e esparexemento, especialmente significativo no ámbito cultural, ao ser escenario de promoción e difusión da cultura popular e tradicional galega".