Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A concelleira do goberno de Nigrán imputada por fraude presenta a súa dimisión por motivos de saúde.

A concelleira do goberno de Nigrán imputada por fraude presenta a súa dimisión por motivos de saúde.

Correo-e Imprimir PDF

Ana Rosa Costas AbaldeAsí o fixo saber esta tarde o rexedor popular Alberto Valverde nunha breve nota na que adxunta a carta de renuncia presentada pola até agora concelleira de Educación e Persoal, Ana Rosa Costas Abalde. Na mesma, a ex edil de Nigrán sinala o carácter irrevogábel da súa decisión que argumenta por motivos de saúde. Agrega que foi obxecto dunha "repulsiva campaña mediática" por parte dos medios de comunicación que fixeron pública a información, e que segundo sinala provocaron o "deterioro" das condicións de exercicio do seu cargo, así como a imaxe do seu partido (o PP), polo cal non desexa ser un "lastre" para o goberno local.

Segundo a información publicada por Faro de Vigo a semán pasada, a xustiza imputou a Ana Rosa Costas por dous delitos de fraude á Facenda Pública e un de falsedade documental. Presuntos delitos polos que a Fiscalía solicita catro anos e nove meses de prisión, multas de 542.700 euros e o abono á Axencia Tributaria doutros 418.664, a cantidade presuntamente defraudada a través de facturas falsas.

A ex concelleira manifesta na carta de dimisión que "No voy a entrar a justificar mi inocencia y a acreditar que las actuaciones judiciales que se siguen contra la empresa de mi familia son incorrectas". Finalmente agradece ao alcalde Alberto Valverde e ao PP "que me haya dejado ejercer mi libertad para tomar esta decisión". Anuncia que "desde el dolor y el sufrimiento " que le producen "este tipo de campañas destructivas y vengativas", apoiará o traballo do goberno local de Nigrán.

O rexedor municipal sinala no comunicado de prensa que respeta a decisión da concelleira e lamenta a pérda dunha "profesional de su calibre"