Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Durante dúas semanas o Salón de Actos de Nigrán trocará en gardería infantil para animar as compras do Nadal.

Durante dúas semanas o Salón de Actos de Nigrán trocará en gardería infantil para animar as compras do Nadal.

Correo-e Imprimir PDF

O edificio do Concello de Nigrán albergará unha ludoteca infantil co xeito de facilitar aos maiores as compras do Nadal no comercio local. A mesma estará situada no salón de actos e funcionará desde o luns 23 de decembro ata o 3 de xaneiro en horario de 10 a 14 horas os días laborais. O alcalde Alberto Valverde informa que o espazo será “de acceso libre para todos los niños de infantil y primaria, sin necesidad de reservar plaza y con coste cero para las familias”.

Neste sentido, o rexedor municipal defendeu a iniciativa co xeito de “Ayudar a conciliar la vida laboral y familiar de los vecinos de Nigrán en estas fiestas, con las vacaciones escolares de los más pequeños de la casa, así como fomentar las compras navideñas en el comercio local, al poder dejar a los niños sin necesidad de reservar plaza con anterioridad”.

Os cativos que acudan a esta ludoteca de Nadal de Nigrán poderán realizar actividades dirixidas a desenvolver a súa creatividade, a través de talleres musicais, de reciclaxe, construción e decoración dunha árbore de Nadal e un Belén, e sobre todo xogar. Así mesmo, ensaiarán cancións que interpretarán ás portas do Salón de Actos municipal o día 31 de decembro.