Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nenas e adolescentes principais vítimas do abuso sexual segundo informe das Xornadas de violencia de xénero en Nigrán.

Nenas e adolescentes principais vítimas do abuso sexual segundo informe das Xornadas de violencia de xénero en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
abuso-sexual-menores1

Os abusos de carácter sexual na infancia e adolescencia, son "una de las violencias más invisibles y difíciles de detectar" sinalou María José Pino Fernández (Igualdade) no acto de apertura das II Xornadas Sobre a Violencia de Xénero que durante este xoves e venres se están a desenvolver no concello de Nigrán.

Falta de datos oficiais
Unha das primeiras advertencias xurdidas do encontro, sinala que a ausencia de estudos e investigacións "actualizadas e con carácter oficial sobre esta materia é outro dos factores que dificulta o seu descubrimento e posterior tratamento", segundo dan conta nun comunicado. Agregan que este baleiro informativo "fai que tanto o público profano como os profesionais que traballan con menores carezan dos coñecementos necesarios para abordar estas situacións co éxito desexado".
As nenas e adolescentes son as vítimas maioritarias dos abusos sexuais.
Pola súa banda, o alcalde Alberto Valverde afirmou na apertura que o obxectivo destas xornadas "no es otro que el darle mayor visibilidad a un problema real de nuestra sociedad, en el que según recogen los últimos estudios manejados por el CIM el 85% de los agresores son varones, y las víctimas niñas, en mayor porcentaje que los niños".
Éxito de concorrencia ás xornadas
Á chamada de atención lanzada polo Concello de Nigrán coa celebración destas xornadas responderon máis de 70 profesionais de distintos campos de actuación na materia. "Por lo que podemos afirmar que estas jornadas serán un rotundo éxito, tanto por la asistencia como por la calidad y complejidad de las ponencias", sinalou Valverde. As actividades de carácter aberto continúan este venres.
A inauguración das xornadas, presidida polo alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, contóou tamén coa presenza da Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, a concelleira de Patrimonio, Xuventude e Igualdade, María José Pino Fernández, ea Directora do Centro de Información á Muller (CIM) de Nigrán, Yolanda Cobos.