Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Charlas de Seguridade do Tráfico e Peonil con entrega dun chaleco reflector en Nigrán.

Charlas de Seguridade do Tráfico e Peonil con entrega dun chaleco reflector en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
chaleco reflector

O Concello de Nigrán, organiza charlas de Seguridade do Tráfico e Peonil para maiores toda esta semana a partir das 18 horas. A Policía Local en colaboración coa DGT está levando a cabo unha campaña sobre a utilización do chaleco reflector nas distintas asociacións culturais e veciñais. Estas charlas deron comenzo o luns 16 no centro cultural O Torreiro de Priegue. Onte martes a dotación policial se desprazou ao centro cultural das Angustias e hoxe mércores 18 a charla se levará a cabo na Asociación de Mulleres Rurais de Chandebrito. O xoves 19 será no Centro Cultural de Bolos da Carrasca (Parada) e rematan o venres 20 na AV A Unión de San Pedro da Ramallosa. Ao finalizar as charlas a policía entrega aos asistentes un chaleco reflector.