Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A presión social posible causa para que un conductor fugado se entregase logo de arroiar a un motorista

A presión social posible causa para que un conductor fugado se entregase logo de arroiar a un motorista

Correo-e Imprimir PDF
Rúa O Grove, onde tivo lugar o accidente
Ford Fiesta modelo 2008
Amputacion do dedo íncide como consecuencia do accidente
Xeonllo de Juan Carlos Soto logo de recibir as grampas.
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

Descoñécense ainda os motivos polos que o conductor deixou tirado a Juan Carlos, logo de provocar claramente o accidente, como así quedou rexistrado nas cámaras de tráfico e vixilancia da zona.

Soto agradeceu onte a colaboración cidadá, que non dubida en sinalar ser o detonante para que o conductor se entregase e confesase os feitos.

 

Juan Carlos Soto, veciño de Nigrán, circulaba pola rúa o Grove o pasado 15 de novembro, fronte ao Alcampo de Coia, cando o vehículo infractor invadiu o seu carril en dirección contraria e impactou de fronte conta a súa motocicleta.

A consecuencia do impacto Soto, recoñecido fotógrafo profesional, sufriu a amputación de parte do dedo índice da man esquerda, laceración severa baixo rotula da perna, desgarro severo peroneo tibial, traumas múltiples e magulladuras.

A sorpresa deste veciño foi cando se percatou que o conductor seguira a súa marcha e o deixara "tirado" na estrada e denegando a obriga de auxilio. Motivo polo que a policía rastrea agora todas as cámaras de seguridade da zona para dar caza ao vehículo e polo ante a xustiza.

A vítima fixo un chamamento á participación cidadá para atopar un Ford Fiesta negro - modelo 2008 - que tería un importante impacto no frontal e lateral esquerdo, para que o poñan en coñecemento das forzas de seguridade. 

A prensa local e canles de televisión fixeron tamén de altofalante dunha verdadeira "marea viral na rede" para localizar ao conductor.

Descoñécense ainda os motivos polos que o conducto abandonou a Juan Carlos no chan, logo de impactar frontalmente contra el.