Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

A edición 2014 do obradoiro “Terras do Miñor” mantén as 23 prazas pero modifica as ofertas formativas.

Correo-e Imprimir PDF

terras minor2Finalmente volverán ser 23 os desempregados da bisbarra que poderán beneficiarse do obradoiro mixto de formación e emprego "Terras do Miñor III" no 2014. A intención da Mancomunidade do Val Miñor era elevar o número de participantes a 45 ao engadir esta nova edición a especialidade de limpeza de inmobles, ás xa tradicionais de cociña e camareiro de restaurante e bar ofertadas nas de 2012 e 2013. Sen embargo, se ben foi admitida a nova especialidade o número de participantes será o mesmo que no 2013 (en 2012 foran 30) o que baixará as prazas ofertadas relacionadas ao eido hostaleiro.

Os conservatorios de Cangas e Gondomar en concerto no Auditorio Municipal Lois Tobío.

Correo-e Imprimir PDF

intercambio-O Auditorio Lois Tobío acolle mañá un intercambio cultural entre o alumnado dos conservatorios de Gondomar e Cangas

A película “A praia dos afogados” recibiu máis de 200 mil euros da Xunta para a súa realización.

Correo-e Imprimir PDF

jacobo sutilA través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) a Xunta  decidira en 2013 cofinanciar o proxecto do filme “A praia dos afogados” que se está a levar a cabo en distintos concellos pontevedreses, entre eles Nigrán, baixo a dirección de Gerardo Herrero e a cargo da produtora galega Foresta Films. A cifra foi dada a coñecer trala visita de Jacobo Sutil, director da AGADIC este martes á antiga comisaría de Nigrán, onde se estaban a rodar escenas do largometraxe.

Veciñas de Nigrán abren mostra cos traballos desenvolvidos no obradoiro do CIM.

Correo-e Imprimir PDF

obradoiro-cim-2014O salón de actos municipal de Nigrán acolle ata o vindeiro venres a exposición dos traballo realizados polas alumnas do curso de manualidades organizado polo CIM. A mesma pode ser visitada no horario de 17 a 19 horas. A mostra acolle diversos traballos en pintura, restauración de mobles e pintado de cerámica, entre outros.

A primeira moeda que roubou Pepa a Loba está en Xunqueira de Ambía.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 0865O xeito de coleccionar obxectos cuxa natureza é “para mirar” e non para “usar” ou “comer” na clasificación clásica foi a semente dos gabinetes, cámaras, teatros ou museum que anexaban o complemento “das marabillas” ou “curiosidades”. Estes termos aludían a mobles acondicionados para exhibir as pezas, habitacións adobiadas con multitudes de “rarezas” e ata edificios completos destinados á custodia e divulgación destes amoreamentos que, dende a antigüidade até a chegada dos museos tal cal hoxe coñecemos, saciaban a curiosidade e fantasías dos públicos. Neste escenario transcorre O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alamparte (Xerais, 2014), novela dos irmáns Irene e Rodrigo Pérez Pintos con ilustracións de Ramón Trigo e fotografías de Manuel G. Vicente, Lucas Álvarez e mais José Araújo. Cos irmáns Pintos acompañados de Trigo e logo dunha presentación a cargo de Xosé Ramón García (IEM) compartimos un exquisito faladoiro o pasado venres na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Os nomes detrás do herdeiro da coroa de España

Correo-e Imprimir PDF

2013013083felipe intFrancisco González (BBVA), Emilio Botín (Banco Santander) e Isidre Fainé (Caixabank), Andic (Mango), Isidoro Álvarez (O Corte Inglés), Antonio Brufau (Repsol), José Manuel Entrecanales (Acciona), César Alierta (Telefónica), Borja Prado (Endesa) e Juan Miguel Villar Mir (OHL), todos eles participan persoalmente ou a través dos seus fillos nas Fundacións Príncipe de Asturias (FPdA) ou Princep de Giorna (FPdG). A primeira creada en 1980, cando Feipe só tiña 12 anos, a segunda no 2009. Aínda que a rede de relacións non é –de momento- tan extensa como a do seu pai, presidente de honor de decenas de entidades, estas fundacións formaron  ao redor da figura do Príncipe de Asturias un núcleo de empresarios que se reúnen co herdeiro, previo pago da súa cota, de forma regular, segundo dá a coñecer este luns a Fundación Cidadá CIVIO.

A Deputación de Pontevedra convoca aos Premios á Investigación 2014

Correo-e Imprimir PDF

bioquimicaA deputación ven de publicar no Boletín Oficial as bases da convocatoria para participar nos Premios Provincias á Investigación 2014. Os interesados deberán presentarse nalgunhas das tres categorías ofertadas: Premios a traballos de investigación, Premios para novos investigadores e Premios para teses. As instancias para tomar parte do concurso dirixiranse ao presidente da Deputación especificando ao premio ao que se opta e deberán presentarse no Rexistro Xeral ata o 15 de novembro de 2014.

#Nigrán: A exposición de Libros Escolares Antigos pecha as súas portas con máis de 500 visitas

Correo-e Imprimir PDF

-Figuras como os escritores Bieito Ledo e Xosé Neira Vilas ofreceron ademais dúas concorridas charlas a escolares de Nigrán.
A I Andaina Escolar Exposición de Libros Escolares Antigos pechou onte as súas portas con máis de 500 visitas, "un éxito de afluencia sen precedentes que estamos convencidos repetirase nas próximas edicións", sinala o rexedor municipal Alberto Valverde.

Anxos Sumai visita a última sesión da tempada do club de lectura Sete Vidas coa novela "A lúa da colleita"

Correo-e Imprimir PDF

800px-Anxos Sumai AELG-1O martes 3 de xuño, ás 20:00h, na Biblioteca de Gondomar, remata a tempada 2013-2014 do Sete Vidas cun libro de Anxos Sumai, autora que ten un significado especial para este club de lectura porque cunha obra súa, en novembro de 2008, comezou esta viaxe pola lectura e a amizade no Sete vidas, club de lectura de narrativa da asociación Espazo Lectura de Gondomar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL