Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

A empresa alemá do eido inmobiliario Engel & Völkers procura 20 consultores para Vigo – Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

urbanizacion-panxonEngel & Völkers a compañía inmobiliaria alemá líder en intermediación de inmobles de alto standing no mundo, aterra na bisbarra coa apertura da súa primeira oficina especializada no sector residencial e comercial en Vigo. Focalizará a súa actuación principalmente no seu radio máis próximo, incluíndo as zonas de Nigrán, Gondomar e Baiona. A súa carteira, incluirá pisos ou edificacións individuais, vivendas rehabilitadas, áticos, locais comerciais, oficinas, naves e hoteis. Nese senso, está a procura de 20 consultores inmobiliarios autónomos.

Miguel Anxo Fernández presentará a súa novela “O espido de Gina” este mércores en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

1403516311O espido de GinaSomos as películas que vivimos, as que nos deixaron pegada e ás que regresamos de cando en vez”. Nesta frase agóchase o corazón de O espido de Gina (Galaxia, 2014) a nova novela do escritor e cinéfilo Miguel Anxo Fernández que este mércores ás 20:30 horas será presentada na libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, 13). O tamén escritor e director da Sección de Filoloxía e Literatura do IEM, Miguel Anxo Mouriño, acompañará ao autor durante o acto.

Tranvías Eléctricos de Vigo S.A. debate aumentar o seu capital en xunta de accionistas.

Correo-e Imprimir PDF

tranvia vigo baionaConvocase para o dia 25 de xuño as 11:30 horas aos accionistas de TEV entre os que haberá algúns desta bisbarra do Val do Miñor, herdeiros por caso daqueles que seguindo o consello da plataforma do ferrocarril de Vigo a Baiona que lideraban Xulián Valverde e Xoaquín Fontán, ou empregados tranviarios –condutores, cobradores, xefes de estacións, etc- confiaron seus aforros e mercaron accións da Compañía onde desenrolaban o seu traballo.

O punto central da xunta será unha proposta do Consello de Administración para aumentar o capital de nove millóns de euros sobre o actual, que é dun millón, de modo que o nominal de accións pase dos sete euros actuais a setenta euros, “cifra moito máis axustada e en consonancia co valor real da empresa”, segundo os actuais directivos.  Sinalan que trátase dunha ampliación “sen desembolso por parte dos accionistas, pois é con cargo a reservas voluntarias”.

A Fogueira dos Versos, na noite de san Xoán, pecha a tempada 2013-2014 de Espazo Lectura

Correo-e Imprimir PDF

02 Fogueira versosA noite do 23 de xuño a asociación Espazo Lectura celebrará, un ano máis, un san Xoán alternativo con A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración popular desta data (con comida e cacharela), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo cultural que este ano correrá a cargo de Luis Correa "Caruncho", quen, acompañado da súa zanfona, interpretará un repertorio de música tradicional.

Por que temos que salvar ás línguas minoritarias?

Correo-e Imprimir PDF

Sede da Unesco en París - Foto UnescoA BBC publica un interesante artigo da xornalista Rachel Nuwer sobre a situación das línguas minoritarias e as línguas en perigo de extinción.

O artigo sinala que durante o último século extinguíronse ao redor de 400 idiomas, aproximadamente un cada tres meses. 

Así mesmo apunta que  50% das 6.500 linguas restantes do mundo desaparecería a finais deste século.

O galego, relegado a un 2% das aulas de infantil nas cidades #linguaGalega

Correo-e Imprimir PDF

O conselleiro de Educación, nun colegio - Foto Xunta de GaliciaO pasado 8 de febreiro fixéronse cinco anos dende que un colectivo autoalcumado bilingüe co apoio de partidos como o PP, UPyD ou Falange saíu en manifestación polo centro de Compostela para clamar contra o que consideraban "imposición" da lingua galega. Media década despois e mentres esta asociación segue a emitir advertencias máis ou menos risibles a través das redes sociais o galego está tan lonxe de ser imposto como daquela, pero tamén en condicións sensiblemente peores para acadar unha presenza normal no ensino, tal e como marcan as leis. Así o constata, cando menos, a cuarta edición da enquisa coa que A Mesa pola Normalización Lingüística obtén un retrato da saúde do idioma nun dos ciclos educativos máis sensibles, o infantil, e nun dos entornos nos que a conservación do galego ten, a priori, máis problemas.

O Colexio Xosé Neira Vilas de Peitieiros celebra o 25 aniversario

Correo-e Imprimir PDF

neira vilasEsta fin de semana o Colexio Neira Vilas cumpre 25 anos. As actividades comezan hoxe venres, ás 10.30 da noite, coa actuación do Grupo Bertorella, que representará a obra de teatro "O can de San Roque", unha adaptación do conto do mesmo nome de Victoriano Taibo. Mañá, sábado, ás 12 horas, charla-coloquio coa pedagoga Antía Cal e co escritor Xosé Neira Vilas, nun acto conxunto co Colexio Rural Agrupado, e na que os antigos alumnos dos dous colexios poderán falarán sobre as súas experiencias como alumnos, e reflexionarán sobre a evolución da vida escolar dende as escolas rurais ata a actualidade.

Desde Cotobad a Oya, pasando por Villanueva de Arosa, Sangenjo, Panjón y Bayona.

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe do momento da presentación en PanxónCotobad, Villanueva de Arosa, Bayona, Puenteareas, Puente Caldelas, Sangenjo, Oya, Panjón... E así, unha longa lista de toponimía deturpada. Eran os nomes que figuraban nun mapa que un alto cargo do Ministerio de Agricultura utilizou hai uns días nun acto en Panxón.

TripAdvisor volve premiar a excelencia da hospitalidade dun hotel en Baiona @hotelarce

Correo-e Imprimir PDF

Robert Webster amosa uns dos galardónsTripadvisor, a maior web de viaxes do mundo anunciou este mes de maio, o recoñecemento do galardón de Certificado de Excelencia 2014 a este hotel miñorán, un premio que só se concede a 1000 hoteis en todo o mundo, a partir das valoracións e críticas dos propios clientes.

Cando temos en mente viaxar a un lugar concreto sempre acudimos a familiares ou amigos que estiveron na zona de destino para que nos recomenden un hotel, os lugares a visitar, onde debemos comer pero tamén onde non debemos ir, sexa por cuestións de prezo, atención, servizo ou mesmo por limpeza e hixiene do lugar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL