Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Colexio Xosé Neira Vilas de Peitieiros celebra o 25 aniversario

O Colexio Xosé Neira Vilas de Peitieiros celebra o 25 aniversario

Correo-e Imprimir PDF
neira vilas

Esta fin de semana o Colexio Neira Vilas cumpre 25 anos. As actividades comezan hoxe venres, ás 10.30 da noite, coa actuación do Grupo Bertorella, que representará a obra de teatro "O can de San Roque", unha adaptación do conto do mesmo nome de Victoriano Taibo. Mañá, sábado, ás 12 horas, charla-coloquio coa pedagoga Antía Cal e co escritor Xosé Neira Vilas, nun acto conxunto co Colexio Rural Agrupado, e na que os antigos alumnos dos dous colexios poderán falarán sobre as súas experiencias como alumnos, e reflexionarán sobre a evolución da vida escolar dende as escolas rurais ata a actualidade.

Ás 13 horas, actuación do grupo folclórico "Airiños novos de Pinzás", e a continuación celebrarase un xantar de confraternidade nos propio colexio dos antigos alumnos co profesorado e os representantes das distintas Asociación de Nais e Pais que pasaron polo centro nestes anos. Tamén se visionarán fotos antigas destes vinte e cinco anos.
A partir das 16.30 h continuará a Festa de fin de curso para o alumnado actual do colexio, con diversas actividades de animación, exposicións dos traballos realizados e a proxección das fotografías realizadas este curso nas distintas conmemoracións.