Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Tranvías Eléctricos de Vigo S.A. debate aumentar o seu capital en xunta de accionistas.

Tranvías Eléctricos de Vigo S.A. debate aumentar o seu capital en xunta de accionistas.

Correo-e Imprimir PDF
tranvia vigo baiona

Convocase para o dia 25 de xuño as 11:30 horas aos accionistas de TEV entre os que haberá algúns desta bisbarra do Val do Miñor, herdeiros por caso daqueles que seguindo o consello da plataforma do ferrocarril de Vigo a Baiona que lideraban Xulián Valverde e Xoaquín Fontán, ou empregados tranviarios –condutores, cobradores, xefes de estacións, etc- confiaron seus aforros e mercaron accións da Compañía onde desenrolaban o seu traballo.

O punto central da xunta será unha proposta do Consello de Administración para aumentar o capital de nove millóns de euros sobre o actual, que é dun millón, de modo que o nominal de accións pase dos sete euros actuais a setenta euros, “cifra moito máis axustada e en consonancia co valor real da empresa”, segundo os actuais directivos.  Sinalan que trátase dunha ampliación “sen desembolso por parte dos accionistas, pois é con cargo a reservas voluntarias”.

Accionistas reclamarán maior información para decidir “coa debida prudencia”.

“Dende que o Alcalde de Vigo, D. Rafael Portanet, decidiu arbitrariamente rexeitar os tranvías e conceder o  transporte urbano a unha empresa de autobuses, Tranvías Eléctricos de Vigo, como sabedes, pasou por moitos e complicados momentos pero foi quen para chegar ata aquí”, sinala a VM.info,  Antonio Valverde, un dos miñoranos vecellado á empresa.

“Agora, pasa por un momento no que, por mor de crise e outras circunstancias, fai falla tomar decisións importantes e coa debida prudencia. Decisións que deben tomar os accionistas có mellor criterio posible e para elo a transparencia e a información que se pode esixir na xunta ao consello de administración e á xerencia é imprescindible”, opina, Valverde

As regras de xogo.

De acordo cos estatutos da compañía, para aprobar este aumento de capital social precísase que estean presentes ou representadas na Xunta as dúas terceiras partes do capital en primeira convocatoria e o cincuenta por cento do mesmo en segunda ou sucesivas.

A Xunta Xeral Ordinaria celebrarase o día 25, xoves, ás 11.30 da mañá no Club Financiero  de Vigo. Ou, en segunda convocatoria, o día 26 á mesma hora e no mesmo lugar.