Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A Xunta Xeral de accionistas de Tranvías de Vigo decide por unanimidade rexeitar a ampliación de capital.

A Xunta Xeral de accionistas de Tranvías de Vigo decide por unanimidade rexeitar a ampliación de capital.

Correo-e Imprimir PDF
tranvia vigo

O pasado xoves 26 de Xuño celebrouse, en segunda convocatoria coa asistencia do 51% do capital social, a Xunta Xeral Ordinaria de accionistas de Tranvías Eléctricos de Vigo, S.A. O punto central da xunta era unha proposta do Consello de Administración para aumentar o capital de nove millóns de euros sobre o actual, que é dun millón.


Foi sorprendente o número tan reducido de accionistas asistentes respecto de outras convocatorias, aínda así, co capital delegado nos presentes, a Xunta quedou constituída cun quorum reforzado necesario para tratar algúns dos puntos máis controvertidos do Orden do día.
A Xunta desenvolveuse con toda normalidade, pero con moitas voces discrepantes segundo deron conta a VM.info algúns participantes. Accionistas que se reservaron o dereito á impugnación, que manifestaron a non conveniencia da ampliación de capital con cargo as reservas voluntarias, que pediron aclaracións as contas relacionadas coa remuneración, gastos e préstamos outorgados ao consello de administración, entre outro puntos.
Despois da la exposición por parte do Presidente do Informe de xestión, que augura "un futuro moi esperanzador" para todas as áreas de negocio da compañía, a pesar das tensións que se poden estar sufrindo ao día de hoxe, aprobáronse todos os puntos do Orden do día por unha ampla maioría.
Todos salvo o que pedía autorización para que o Consello puidese aumentar o capital social mediante achegas dinerarias, que non se someteu a votación por acordo unánime da xunta, ao convencer algúns accionistas o Presidente da incongruencia que sería solicitar achegas dinerarias cando no seu informe se aposta por un futuro moi esperanzador.