Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A Fogueira dos Versos, na noite de san Xoán, pecha a tempada 2013-2014 de Espazo Lectura

A Fogueira dos Versos, na noite de san Xoán, pecha a tempada 2013-2014 de Espazo Lectura

Correo-e Imprimir PDF
02 Fogueira versos

A noite do 23 de xuño a asociación Espazo Lectura celebrará, un ano máis, un san Xoán alternativo con A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración popular desta data (con comida e cacharela), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo cultural que este ano correrá a cargo de Luis Correa "Caruncho", quen, acompañado da súa zanfona, interpretará un repertorio de música tradicional.

A Fogueira dos Versos celébrase na Casa da Lectura a partir das 21:00 horas. As persoas que se animen a participar poden contribuír á festa traendo das súas casas algo de comida.
Coa Fogueira dos Versos Espazo Lectura cerra unha nova tempada de actividades centradas no fomento do libro e a lectura en Gondomar. Unha tempada que, malia as dificultades do momento e grazas ao traballo voluntario das persoas que conforman a asociación, conseguiu manter o número de actividades estables.
Todas as actividades de Espazo Lectura retomaranse tras o verán.