O salón de actos municipal de Nigrán acolle ata o vindeiro venres a exposición dos traballo realizados polas alumnas do curso de manualidades organizado polo CIM. A mesma pode ser visitada no horario de 17 a 19 horas. A mostra acolle diversos traballos en pintura, restauración de mobles e pintado de cerámica, entre outros.