Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Os nomes detrás do herdeiro da coroa de España

Os nomes detrás do herdeiro da coroa de España

Correo-e Imprimir PDF
2013013083felipe int

Francisco González (BBVA), Emilio Botín (Banco Santander) e Isidre Fainé (Caixabank), Andic (Mango), Isidoro Álvarez (O Corte Inglés), Antonio Brufau (Repsol), José Manuel Entrecanales (Acciona), César Alierta (Telefónica), Borja Prado (Endesa) e Juan Miguel Villar Mir (OHL), todos eles participan persoalmente ou a través dos seus fillos nas Fundacións Príncipe de Asturias (FPdA) ou Princep de Giorna (FPdG). A primeira creada en 1980, cando Feipe só tiña 12 anos, a segunda no 2009. Aínda que a rede de relacións non é –de momento- tan extensa como a do seu pai, presidente de honor de decenas de entidades, estas fundacións formaron  ao redor da figura do Príncipe de Asturias un núcleo de empresarios que se reúnen co herdeiro, previo pago da súa cota, de forma regular, segundo dá a coñecer este luns a Fundación Cidadá CIVIO.

Segundo a mesma fonte, son patronos de ambas fundaciones, Asturias e Girona, os tres banqueiros máis importantes do país: Francisco González (BBVA), Emilio Botín (Banco Santander) e Isidre Fainé (Caixabank), aínda que este último está representado na FPdG polo seu fillo Javier. Tamén repiten en ambos patronatos Isak Andic (Mango), Isidoro Álvarez (El Corte Inglés), Antonio Brufau (Repsol), José Manuel Entrecanales (Acciona), César Alierta (Telefónica), Borja Prado (Endesa) e Juan Miguel Villar Mir (OHL), cuxo aprecio real pasa de pai a fillo. Juan Abelló, unha das maiores fortunas de España, é patrono da FPdA, pero cedeu o posto en Girona ao seu fillo Claudio.

No artigo publicado nesta xornada pola xornalista Eva Belmonte, sinálase que “todos eles conseguen un asento grazas as súas doazóns en forma de cota, cuxo importe non é público”. En 2012 -o último ano do que se publicaron as contas- a Fundación Príncipe de Asturias tivo ingresos por valor de 5,7 millóns. O 63%, máis de tres millóns e medio, chegou esas doazóns privadas. O 18% foron subvencións públicas (concellos de Asturias, comunidade autónoma e Goberno) e o resto, un 19%, rendas do patrimonio.

Pagan a súa cota en Asturias, ademais de todos os homes citados, Alicia Koplowitz e o seu sobrina, Esther Alcocer; ademais de Florentino Pérez (ACS, Real Madrid) e Ignacio Sánchez Galán (Iberdrola). Francisco Álvarez-Cascos é membro de honor. En Girona, José Manuel Lara (Planeta), Carlos de Godó (fillo do conde e conselleiro delegado do grupo), Salvador Alemany (Abertis), Javier Monzón (Indra) e Manuel Marin, expresidente do Congreso agora en representación de Iberdrola, súmanse á lista de patronos.

Fai só uns meses, en febreiro, foi o invitado de honor dunha das reunións do Foro Puente Aéreo, unha especie de club a porta pechada que aglutina aos empresarios máis importantes de Madrid e Barcelona. Ademais, desde 2001 expresidente de honor do Real Instituto Elcano. Todos estes contactos son a base creada durante estes anos, que se nutriría coa herdanza que leva aparexada o trono.