Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG de Gondomar maniféstase a prol do inicio dun proceso constituínte para un novo modelo de Estado.

O BNG de Gondomar maniféstase a prol do inicio dun proceso constituínte para un novo modelo de Estado.

Correo-e Imprimir PDF
pleno gondomar set 2013

O BNG de Gondomar presenta por rexistro a solicitude de que o Pleno da Corporación municipal instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado español o inicio dun proceso constituínte. A moción pretende que "as nacións sexan o referente político, para garantir o dereito de autodeterminación dos pobos que conforman o Estado español recoñecendo o noso dereito a decidir". Os nacionalistas entenden que tras a abdicación do rei Juan Carlos I a proposta de continuidade da monarquía preséntase como un réxime "anacrónico" e incompatíbel cun sistema democrático: "un réxime "vitalicio" e "hereditario" estabelecido "pola graza de Deus" e que "supuxo, no caso español, a continuidade co franquismo", salientan.
Engaden que estase a asistir a unha "operación de cosmética para salvar o réxime, sabedor de estar sendo cuestionado pola inmensa maioría da poboación que non se identifica nin se sente representado pola familia real"

Nesta conxuntura, ao BNG non lle vale unha simples mudanza de caras que dean continuidade ao "réxime unitario e centralista deseñado na Transición e perpetúen a monarquía como símbolo e garante desa unidade". Polo contrario entenden que a cidadanía galega o que precisa "é liberdade e capacidade para decidir".
No argumento da moción, o BNG puntualiza que "Nos últimos anos asistimos a un proceso de recentralización política que mingua, aínda máis, a capacidade da Galiza para decidir sobre si propia, sobre os seus sectores produtivos, sobre o seu futuro. E isto, en medio dunha non menos profunda crise do sistema político español, que atinxe todas as institucións que o conforman, nomeadamente a monarquía. Foi esta mesma monarquía a que veu funcionando como principal elemento simbólico dun sistema político que nos nega como nación e que impide o noso libre desenvolvemento como pobo" .