Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Os conservatorios de Cangas e Gondomar en concerto no Auditorio Municipal Lois Tobío.

Os conservatorios de Cangas e Gondomar en concerto no Auditorio Municipal Lois Tobío.

Correo-e Imprimir PDF
intercambio

-O Auditorio Lois Tobío acolle mañá un intercambio cultural entre o alumnado dos conservatorios de Gondomar e Cangas

Mañá, mércores día 4 de xuño, terá lugar no auditorio Lois Tobío do Concello de Gondomar a conclusión do intercambio cultural levado a cabo polos Conservatorios Profesional de Cangas e Elemental do Concello de Gondomar, organizado pola Concellaría de Educación deste último.
O concerto de clausura, no que os alumnos de ambos centros interpretarán pezas para grupo de vento-madeira; orquestra de corda; orquestra mixta e coro, comezará ás 19.00 horas e rematará cunha interpretación conxunta das catro agrupacións. A entrada é libre.