Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

A Asociación de Danza de Gondomar pecha aulas cun gran “Festival Fin de Curso” na Alameda da vila.

Correo-e Imprimir PDF

IMG-20150709-WA0002A Asociación de Danza de Gondomar remata a tempada 2014-2015 que congregou a máis 40 mozas e mozos nas aulas impartidas por Gabriel Vázquez (Fusión), Clara Ferrao (Danza Clásica e Moderna), Hilda Lagos (Acrobática) e Sara Lago (Hip Hop). Con tal motivo porán en escena o "Festival Fin de Curso" na que todos os seus corpos de baile amosarán as principais coreografías traballadas ao longo do ano.

Inscricións abertas para a Ruta Marítima por Baiona e o litoral sur coa guía de Xosé Lois Vilar.

Correo-e Imprimir PDF

maritimaA vindeira Xeira do IEM deste verán será unha navegación marítima pola costa do Val Miñor e o litoral sur atlántico cunha guía a cargo do arqueólogo Xosé Lois Vilar. A mesma terá lugar o mércores 22 de xullo con saída no porto de Baiona ás 21 horas. É necesario facer unha inscricións previa no teléfono 986360575 o día venres de 18 a 21: horas; luns e martes de 10 a 13 e de 18 a 21:30 horas. Prezo 10 euros socios e menores de 12 anos, 15 euros público en xeral.

#Nigrán : Parada prepara a Semana Cultural con Festa da Xuventude e un Entroido de Verán .

Correo-e Imprimir PDF

A Directiva do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, organiza a V Semana Cultural, que se celebrará entre os días 21 e 23 de xullo de 2015, co seguinte programa:
kikoDía 21 de xullo
- Pandetereir@s Cacharela de Taborda a partires das 20:30
- Grupo Breogán Valle Miñor deste Centro Cultural: Teatro, bailes de salón, mestura de danzas, música, a partires das 21:30
Día 22 de xullo
- Escola de Danza Moderna Concello de Gondomar, da Asociación Xuvenil Paradela, a partires das 20:30
-Grupo Folclórico "A Merced de Chaín" a partires das 21:30
Día 23 de xullo
-Grupo de danza Studio 88 de A Guarda a partires das 20:30

Últimos días para inscribirse para a visita guiada ao Ecoparque arqueolóxico do Monte Tetón.

Correo-e Imprimir PDF

as-portaxesO Instituto de Estudos Miñoranos en conxunto co Concello de Tomiño organizan este venres 17 de xullo unha visita guiada ao ecoparque arqueolóxico de Monte Tetón na parroquia de Tebra. A mesma dará comezo ás 20 horas e terá como guía ao arqueólogo Xosé Lois Vilar. As prazas son limitadas, polo que os interesados deberán anotarse gratuitamente de luns a xoves de 18:30 a 21:30 horas ao teléfono 986360575.

A reforma de Balaídos detrae 20 millóns de euros máis das arcas de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

08-07-Convenio-Balaidos-oriTanto a deputación como o Concello de Vigo xa tiñan comprometidos 5 millóns de euros cada un a prol da reforma do campo de fútbol de Balaídos. Na mañá deste xoves e ante a presenza do presidente do Celta, aumentaron en 10 millóns cada un a achega do erario público das súas respectivas administracións. A sinatura do convenio tivo lugar no propio Balaídos.
Louzán e o alcalde vigués, Abel Caballero, estamparon as súas firmas no documento e elixiron como escenario o mesmo centro do terreo de xogo, en Balaídos, co presidente do Celta, Carlos Mouriño, como testemuña do acordo, xunto a outras autoridades locais e a directivos de clubs de fútbol da cidade.

Música mexicana, zumba, fútbol e pilates na apertura da fin de semana en #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

PROGRAMACION CULTURALA Concellería de Cultura de Nigrán comeza este venres as clases de pilates e zumba en Praia América (xunto a escola de vela, en Lourido). Pilates será tódolos venres ás 12.30 horas e zumba os venres ás 19.00, sábado ás 12.00 e luns ás 12.30. Ámbalas actividades son gratuítas e dirixidas a tódolos públicos. Ademais, este venres terá lugar o II Torneo de Fútbol 7 no campo Condomínguez (Priegue), organizado polo Fútbol Club de Nigrán en colaboración co Concello .

Toda a axenda de ocio e cultura do mes de xullo en #Nigrán a un clic.

Correo-e Imprimir PDF

CalendarioO Concello participa en medio cento de actividades ao longo do mes, entre as que destaca PortAmérica ou o IX Nigrán Jazz e as colaboracións coas entidades culturais
O Concello de Nigrán programa para este mes de xullo cerca de medio cento de actividades de ocio, cultura e deporte que se desenrolarán nas diferentes parroquias do municipio e que cubrirán practicamente tódolos días da semana. Este calendario foi deseñado xunto coas asociación culturais. "Un dos retos era que chegase a todo o territorio e sempre facéndoo en colaboración cos centro culturais", destacou Juan González, alcalde de Nigrán, durante a presentación. Haberá dende festivais de música xa consolidados como PortAmérica e o Nigrán Jazz, a sesións de zumba e pilates na praia, humor, maxia, torneos de fútbol... "En definitiva, trátase dun amplo abano destinado a tódolos públicos e tódolos gustos e que terá continuidade en agosto", resumiu a concelleira de Cultura, Ana Pérez.

A identidade e cultura galega centrará a conferencia do director do IEM, Carlos Méixome en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

carlos-meixome-iemNo marco do Ciclo de Conferencias do Verán organizado pola Concellaría de Cultura de Baiona, este xoves 9 de xullo ás 20:30 horas terá lugar o coloquio "Identidade, tradición e modernidade. O universalismo da cultura galega", a cargo de Carlos Méixome, historiador e director do Instituto de Estudos Miñoranos . O faladoiro se desenvolverá nas instalacións da Capitanía Marítima de Baiona con entrada libre.

Viño e cultura galega, unha ligazón histórica que fiará en tres xornadas o especialista Xavier Castro.

Correo-e Imprimir PDF

xavier castroAs "Xornadas sobre Viño e Cultura Galega" intentarán revelar as ligazóns entre a cultura do viño coa creación literaria, artística e musical galega. Terán lugar na cidade de Vigo, nos días 9, 16 e 23 de xullo, na Exscama Taberna Atlántica. As veladas estarán a cargo do profesor Xavier Castro, especialista na historia do viño e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015.
Trátase de levar a cabo nelas un achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce hedonista do viño.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL