Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Toda a axenda de ocio e cultura do mes de xullo en #Nigrán a un clic.

Toda a axenda de ocio e cultura do mes de xullo en #Nigrán a un clic.

Correo-e Imprimir PDF
Calendario

O Concello participa en medio cento de actividades ao longo do mes, entre as que destaca PortAmérica ou o IX Nigrán Jazz e as colaboracións coas entidades culturais
O Concello de Nigrán programa para este mes de xullo cerca de medio cento de actividades de ocio, cultura e deporte que se desenrolarán nas diferentes parroquias do municipio e que cubrirán practicamente tódolos días da semana. Este calendario foi deseñado xunto coas asociación culturais. "Un dos retos era que chegase a todo o territorio e sempre facéndoo en colaboración cos centro culturais", destacou Juan González, alcalde de Nigrán, durante a presentación. Haberá dende festivais de música xa consolidados como PortAmérica e o Nigrán Jazz, a sesións de zumba e pilates na praia, humor, maxia, torneos de fútbol... "En definitiva, trátase dun amplo abano destinado a tódolos públicos e tódolos gustos e que terá continuidade en agosto", resumiu a concelleira de Cultura, Ana Pérez.


A programación, que xa arrancou o día 3, continúa este xoves coa actuación do humorista Pablo Chichas no C.C.R. de Parada. Ademais, celebraranse tódolos venres sesións de pilates ás 12.30 horas xunto a escola de vela de Praia América (Lourido). Neste mesmo lugar haberá clases de zumba tamén os venres (19.00 horas), sábados (12.00 horas) e luns (12.30 horas).

No eido da competición deportiva destaca o II Torneo de Fútbol 7 no Condomínguez o venres 10 (organiza o Fútbol Club Nigrán), a V Travesía a nado Costa Serena (praia América) o domingo 12 ou o torneo de fútbol en Priegue, o domingo 26, organizado polo C.R.C. O Torreiro.

Pero sen dúbida, se un evento coloca Nigrán no mapa nacional de festivais de verán ese é o PortAmérica, que dende o xoves 16 ao sábado 18 reúne en Porto do Molle a máis de trinta grupos señeiros no panorama musical, entre os que destaca Vetusta Morla, Calle 13 o Niños Mutantes (conxuntos que non puideron actuar o ano pasado debido ao alto risco de tormenta eléctrica). Paralelamente, o broche de ouro á programación de xullo o porá o Festival Nigrán Jazz o venres 31, que este ano celebra a súa novena edición cambiando de data (celebrábase en agosto) para poder traer aos mellores artistas internacionais de jazz (proximamente presentarase o evento).

A programación a completa un mercadillo de artesanía en Praia América (Lourido) entre o 17 e 30 de agosto ou unha feira de antigüidades o día 25 na Alameda de San Campio; festas como a de Santiago e Santa Ana en Parada (de venres 24 a luns 27) ou as do Virxe do Carme en Praia América; actividades de maxia e humor, sardiñadas, rutas...

Â