Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Galicia en Danza subcampiona mundial con España na dance world cup 2015

Correo-e Imprimir PDF

emotionheaderGalicia en Danza, de Baiona, con 26 bailarinas e bailaríns e dez coreografías propias, dirixidas polas súas profesoras Sheila e Álida Loira Ferradás, formando parte da selección española de danza ven de proclamarse flamante subcampiona na fase final mundial da dance world cup 2015 celebrada en Bucarest (Rumanía) entre o 29 de xuño e o 4 de xullo.

Os Cotos de Chaín, novo destino das Xeiras do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

cotos chainO vindeiro mércores 8 de xullo terá lugar a Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos "Os cotos de Chaín". O percorrido contará coa guía das profesoras Pura González Martínez e Margarita Miramontes, autoras dun estudo sobre o enclave publicado nos Cadernos do IEM . O punto de encontro será na, Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº10, baixo, Gondomar) ás 18 horas.

Música, circo, motos e sardiñadas na fin de semana estival de #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

sam-rockersO Concello de Nigrán presenta unha serie de eventos de ocio e culturais que contan coa colaboración desta administración. Os mesmos desenvolveranse ao longo desta fin de semana, comezando coa actuación do grupo Sam Rockers este sábado 4 de xullo ás 19:30 horas no Paseo Marítimo de Panxón. Os músicos, veciños do municipio presentarán no concerto o seu último traballo con versións de pop –rock clásico.

Obradoiro para a fabricación de xabón artesanal con zume de cenoria na Casa Colorida de #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

casa colorida edificioEste sábado 4 de xullo ás 19:00h. Didí, da Residencia Colorida, vai ofrecer un obradoiro aberto e de balde, no que fará unha demostración da fabricación de xabón artesanal con zume de cenoria

Máis de medio centenar de visitantes descobren a beleza do bosque atlántico de #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

muinho-porto-molle

Máis de medio centenar de persoas fixéronlle fronte á choiva para participar da primeira Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos que tivo o bosque de ribeira a cabalo entre o barrio de Canido e Porto do Molle, como primeiro destino. A visita discorreu por esta formación de grande importancia ecolóxica xa que "regula a temperatura das augas, suxeita as marxes dos leitos impedindo así o seu arrastre polas cheas, e actúa de filtro verde purificando as augas que se incorporan ás correntes", segundo explicacións do botánico Xosé Ramón García a pé das ribeiras do Río Muíños. Topónimo cuxo valor histórico patrimonial sería posto en dúbida máis adiante polo especialista Xosé Lois Vilar.

O mércores parte a primeira Xeira do IEM do verán cun percorrido polas ribeiras do Río Muíños.

Correo-e Imprimir PDF

ribeira muinhosO vindeiro mércores 1 de xullo terá lugar a Xeira polo Río Muíños. O percorrido contará coa guía do director da sección de xeiras do IEM, o botánico Xosé Ramón García. O punto de encontro será a Escola de Vela de Lourido (Praia América) en Nigrán, ás 18 horas.

O venres Mañufe acollerá a IV Xuntanza Folclórica

Correo-e Imprimir PDF

centro-cultural-manhufeOs conxuntos de música traqdicional das parroquias de Vincios, Pinzás e Morgadáns xunto cos Romanteleiros locais darán lume á IV Xuntanza Folclórica de Mañufe. A festa contará tamén coa animación do grupo de baile e gaitas Fíbulas-Swaroskys. Organizada pola Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, a cita será a partir das 21 horas do vindeiro venres 3 de xullo no torreiro parroquial.

Castro e Ladeira organiza unha xornada benéfica en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

O vindeiro venres 3 de xullo a partir das 9 da noite, a asociación veciñal Castro e Ladeira organiza dentro do Mercado de Sabaris, un festival solidario para recadar alimentos para doar o banco de alimentos de Vigo. Na velada actuarán o monologuista Fredi Cruxer e o humorista Somoza. Para acceder e necesario levar alimentos non perecedoiros.

Calendario das Xeiras do IEM verán 2015

Correo-e Imprimir PDF

550xeiras-iem-groba

Como xa é tradicional no verán o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) organiza unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna, dirixidos por especialistas no tema da visita. Para esta edición 2015 deseñáronse nove percorridos dos cales dous serán en barco.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL