Domingo, 12 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Proxéctase “Las aventuras de Peabody y Sherman” nas noites de cine na Coelleira de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

mr-peabody-sherman-25463-1920x1080O ciclo Cinema na Rúa en Gondomar ofrecerá este mércores 5 de agosto unha proxección para todo público no Parque da Coelleira. A función dará comezo ás 22:30 horas coa proxección do filme "Las aventuras de Peabody y Sherman" (2014), dirixida por Rob Minkoff.

Castro e Ladeira organiza excursións á Ribeira Sacra e Ávila .

Correo-e Imprimir PDF

albatormesA Asociación Veciñal Castro e Ladeira de Sabarís, anuncia a organización para o 22 de Agosto dunha excursión por Ribeira Sacra, Castelo de Monforte de Lemos, Castelo Castrocaldelas e posible visita a unha bodega.Para mais información chamar os telefonos: 636.921.744 ou 679.185.813.

Música nos xardíns da Tía Ni en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

tianiO cuarteto Gyn Quartet é unha agrupación formada por alumnos do Conservatorio Superior de Musica de Vigo. Cun repertorio variado, as súas músicas percorrerán dende o clacisismo até o romanticismo, incluíndo outros estilos, como bandas sonoras de películas. O concerto terá lugar este mércores 5 de agosto ás 21 horas nos xardíns da Casa da Tía Ni

#Fotografía: Concurso “A túa paisaxe do verán”

Correo-e Imprimir PDF

chandebritoNo marco do programa Somos Paisaxe financiado polo Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Galicia Sustentable convocará unha serie de concursos cos que se pretende activar unha mirada da poboación sobre a paisaxe que transcenda o estético e comunique aspectos relacionados cos valores da paisaxe no desenvolvemento socioeconómico e/ou no benestar dunha sociedade. Trátase dun concurso amateur aberto a toda a poboación

Aberto o prazo para participar no certame da XI Bienal de Pintura Eixo Atlántico

Correo-e Imprimir PDF

premiados 2014 eixoA organización transfronteiriza Eixo Atlántico abriu o prazo para que artistas de Galicia e Norte de Portugal poidan inscribirse coas súas obras pictóricas no Premio Eixo Atlántico e participar na Bienal de Pintura, que alcanza este ano a súa XI edición. Desde o seu nacemento en 1995, a mostra consolidouse como a única e máis antiga exposición de pintura de carácter itinerante entre dous países europeos así como unha das tres máis importantes da Península Ibérica.

#Baiona :Conferencia sobre a historia do derradeiro ano da vida de Mozart á luz da súa música e biografía.

Correo-e Imprimir PDF

Wolfgang-Amadeus-Mozart LRZIMA20120302 0038 11Este xoves 6 de agosto ás 20:30 horas na Sala da Capitanía Marítima de Baiona e dentro del V ciclo de conferencias “Baiona Cultural” organizadas por la Concellaría de cultura de Baiona e coordinadas por el profesor Antonio Piñero tendrá lugar a ponencia “El último año de Mozart a la luz de su biografía y de su música” impartida polo investigador e divulgador musical, Manuel López Benito. Entrada gratuíta.

Cinema na rúa, ofrece “Ocho apellidos vascos” no Parque da Coelleira en #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

8vascosO ciclo Cinema na Rúa en Gondomar ofrecerá este martes 4 de agosto unha proxección para todo público no Parque da Coelleira. A función dará comezo ás 22:30 horas coa proxección do filme "Ocho apellidos vascos". Película española dirixida por Emilio Martínez-Lázaro, con guión de Borja Cobeaga e Diego San José, protagonizada por Clara Lago, Dani Rovira, Carmen Machi e Karra Elejalde.

Xeira do IEM polo “Camiño Real”

Correo-e Imprimir PDF

cruceiro trinidadEste mércores 5 de agosto terá lugar unha visita guiada do Instituto de Estudos Miñoranos polo Camiño Real guiados por Anxo Rodríguez Lemos, Antonio Soliño e Carlos Méixome, integrantes do IEM. O punto de encontro será ás 18 horas na Ponte da Ramallosa. A actividade non require inscrición previa.

Máis zumba nos areais de Lourido para agosto.

Correo-e Imprimir PDF

pilates-louridoO Concello de Nigrán amplía este mes de agosto a actividade de zumba en Praia América (en Lourido, xunto á escola de vela) a cinco días a semana, de luns a venres. Os horarios son: luns e mércores ás 13.00 horas e martes, xoves e venres ás 19.00 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL