Domingo, 12 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Sindicato postal advirte de retrasos nas distribucións de Correos no verán por falla de persoal.

Correo-e Imprimir PDF

2066101-CCOO insta a Correos Goberno e SEPI a rectificaren Version2O sindicato alerta que a insuficiencia de persoal que sufre o ente provocará dende atrasos na entrega da correspondencia até deixar sen reparto diario á cidadanía na época estival. Afirman que Correos ten "un verdadeiro" problema de insuficiencia de persoal. Atranco acrecentado pola redución da contratación para verán, segundo os traballadores. Nese senso advirten que os efectos na interna do ente redundarán nunha sobrecarga de tarefas para os operarios, nalgúns casos de dimensións" inasumibles". Entenden os traballadores que todo isto implica un "claro incumplimiento do servizo postal universal público".

A Fogueira dos Versos volverá acenderse na noite de San Xoán

Correo-e Imprimir PDF

00 Fogueira versos Cabeceira-300x191Magín Blanco será o artista convidado co seu espectáculo "Contos encantados"
A noite do 23 de xuño Espazo Lectura celebrará un san Xoán diferente coa oitava edición de A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración tradicional desta data (con comida, lumieira e música tradicional), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo que este ano correrá a cargo do músico Magín Blanco que, coa proposta "Contos encantados", encherá a noite de historias e cancións.

Sardiñada, música e fogueiras de San Xoán en Peitieiros

Correo-e Imprimir PDF

fogueira de sao joao1O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros, en colaboración coa Comisión de Festas organizan a Noite de San Xoán a partir das 22 horas deste martes. O programa terá como espazo de encontro o Adro da igrexa de Peitieiros coas seguintes actividadades:

#Nigrán ingresa na estratexia galega cara á industria 4.0 da man de Porto do Molle.

Correo-e Imprimir PDF

juan conde zonafrancaNesta xornada tivo lugar a inauguración en Porto do Molle da XIII Conferencia Internacional da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España. O acto celebrouse na sede da Citexvi (A Cidade Tecnolóxica de Vigo) coa presenza de Francisco Conde (Consellaría de Economía e Industria), o alcalde de Nigrán Juan González e autoridades de Zona Franca e o ámbito industrial. Na apertura do encontro, Conde salientou o rol clave que desempeñan estes parques, como o de Porto do Molle "como imáns do talento, do progreso e do emprego para a Galicia do futuro".

O grupo de gaitas e pandereteiras do Sobreiro convocan ao Serán 2015 en Borreiros.

Correo-e Imprimir PDF

cores sobreiro

O grupo de gaitas Cores do Sobreiro e as pandereteiras do Sobreiro organizan o Serán 2015 de Borreiros. A actividade terá lugar o vindeiro sábado 20 de xuño ás 22 horas no Centro Cultural da parroquia.

Asociacións cultuais de Baiona convocan o VIII Serán “Á beira do mar".

Correo-e Imprimir PDF

Serán "A beira do mar 2015"A Escola de Danza de Baiona, a Asociación Cultura a Seneria e O Ximbaleu organizan a oitava edición do Serán "Á beira do mar", que tomará o parque da Palma na tarde do vindeiro 20 de xuño a partir das 20 horas.

Coma sempre, haberá obradoiros de baile tradicional, pasarrúas polo casco vello para a partir das 22 horas comezar o serán no palco de música situado na Palma.

Á media noite compartirase unha chocolatada.

Fogueiras de San Xoán na Camoesa

Correo-e Imprimir PDF

fogueira de sao joao1No campo de fútbol da Casa da Cultura terán lugar as tradicionais fogueiras de San Xoán o vindeiro martes 23 de xuño. Organizada pola asociación veciñal e a asociación cultural "A Camoesa", xunto coa comunidade de montes, a festa contará con sardiñas asadas e pan de millo, así como refrescos e viño gratuíto para toda a veciñanza de Camos. A festa estará amenizada polo grupo de gaitas Algarada de Priegue.

Obradoiros de música e inglés para cativos no Auditorio Municipal de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá un ciclo de obradoiros interactivos para cativos de 10 a 12 anos co dobre obxecto de mellorar o inglés e as dotes musicais dos participantes. Os especialistas a cargo desta actividade destinarán á campaña a prol do ex alumno do Conservatorio de Música de Gondomar, Aarón Siebert, que procura continuar estudos nunha universidade estadounidense.

#Sabarís : "Contrabalde" música étnica do mundo en concerto na Tía Ni .

Correo-e Imprimir PDF

contrabaldeÁs 22 horas deste venres dará comezo o concerto do trío Contrabalde nas instalación da Tía Ni en Sabarís. O grupo está integrado por Dan Santana (voz e percusión) Iván Gulín (voz, contrabalde e violín) e Paco Represas (guitarra e voz). Executan temas en galego, portugués e castelán, xente "case sen prexuízos" en temas musicais e que se definen como banda que "tunea cancións do mundo". Será na Rúa Xulián Valverde nº36.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL