Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Apertura de inscricións para clases de baile e pandeireta en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

A asociación veciñal Castro e Ladeira de Sabarís oferta clases de baile galego e pandeireta. Dirixidos a todas as idades, destes obradoiros musicais preténdese concretar a creación de grupos representativos da parroquia nestas especialidades. Iniciativa que conta co antecedente do xa formado grupo de música tradicional da asociación que leva por nome "Estrela destroxira", en homenaxe á estación de arte rupestre de igual nome na parroquia.

Baíña presume de foliada cun gran evento musical esta fin de semana. #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

airinhorsVan na novena edición e coma sempre a festa será un espazo aberto a músicos e veciños que desexen achegarse á Casa Veciñal. Organizada pola Asociación Folclórica Airiños da Lagoa, a foliada comezará ás 22 horas do vindeiro sábado 13 de xuño até estragar as gorxas e baleirar as sardiñas con pan de millo, os chourizos e o chocolate que estarán disposto para consumir entre peza e peza.

Imaxes: Empresarios miñoranos reciben os premios “Mellores Bocados 2015” outorgados por OVALMI.

Correo-e Imprimir PDF

0001Este luns 8 de xuño tivo lugar a entrega dos premios "Mellores Bocados 2015" coa que a asociación de empresarios miñoranos OVALMI agasallou aos comercios destacados neste evento desenvolvido en Nigrán. A gala tivo lugar nas instalacións de Adegas Val Miñor onde celebrouse unha comida con visita á adega incluída.

#Nigrán : Obradoiro de pan ecolóxico en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

Obradoiro-elab.-pan-bioOs días 20 e 21 de xuño de 2015 celebrarase na antiga escola de Chandebrito a segunda edición do obradoiro de pan ecolóxico da parroquia, organizado pola Asociación "Chandebrito 1807". Na mesma explicarase cales son as bases da elaboración do pan na casa e cales son os principais problemas que poden xurdir así como poden solucionalos. É obxectivo do obradoiro chegar a coñecer as virtudes nutritivas do pan biolóxico feito con formento e do pan de landra. Tamén recuperar antigas formas de elaboración do pan que permitan a autosuficiencia para o control da alimentación persoal , permitindo facer un pan san e nutritivo.

Concerto da Banda dos Cueiros como peche da tempada da programación para bebés de Espazo Lectura

Correo-e Imprimir PDF

bandaencoirosO próximo sábado 6 de xuño, ás 12:00h, terá lugar a sesión de peche de tempada 2014-2015 de Contos en Cueiros, os encontros para achegar os bebés aos libros e á lectura que mensualmente organiza a asociación Espazo Lectura.

Presentación no IEM do libro “Contos e Lendas de Baiona”, de Julio Eulogio Villarino Espino.

Correo-e Imprimir PDF

baionalibroEste venres 5 de xuño ás 20.30 horas presentarase Contos e Lendas de Baiona, ópera prima, de Julio Eulogio Villarino Espino. O libro será presentado polo autor e contará cunha introdución a cargo de Miguel Anxo Mouriño, responsable da sección de Filoloxía e Literatura do IEM. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na avenida da Feira Nº 10, baixo, en Gondomar.

“A min non me comas” Alumnado do cole Carlos Casares de #Nigrán galardoados pola TVG e a Xunta.

Correo-e Imprimir PDF

aminnonmecomasA Consellería de Cultura e Educación fixo pública hoxe a resolución, que recoñece tres curtas de animación en galego elaboradas por profesorado e alumnado de infantil e primaria e entre as gañadoras atópase A min non me comas, unha entrañable historia para espantar "monstros nocturnos", realizada polo alumnado de 4º do colexio de Vilariño. Segundo da conta a web do Ceip Carlos Casares o traballo foi supervisado polos profesores Iago Castiñeira, Ana Penín e Ana Domínguez.

Todo #Gondomar únese nunha gran gala solidaria coa deportista local Desirée Vila.

Correo-e Imprimir PDF

desire2

A Gala cultural está organizada pola Agrupación Musical de Vincios e terá lugar nunha carpa que instalará o Concello no aparcadoiro de As Cerchas o sábado 13 de xuño. A partir das 18 horas ducias de orquestras, grupos corais e de danza, e variados artistas locais, brindarán un gran espectáculo. Dende esta semana os veciños poderán colaborar coa compra dun número de rifa valor 1€ dispoñible en establecementos de todo o municipio. O evento procura achegar fondos para a compra dunha prótese ortopédica para a deportista gondomareña, Desirée Vila Bargiela.

Comezaron as viaxes diarias ás illas Cíes, dende Bueu, Vigo, Cangas e #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

ciesEsta semana comezan as viaxes de xeito regular ás illas Cíes, despois de que en maio só houbese visitas durante as fins de semana, a partir de agora amplíase o horario, haberá catro saídas diarias dende Bueu, Vigo, Cangas e Baiona, ata xullo e agosto que aumentarán. Dende Vigo sairán 10 viaxes, oito dende Cangas e seis dende Baiona.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL