Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Presentación no IEM do libro “Contos e Lendas de Baiona”, de Julio Eulogio Villarino Espino.

Presentación no IEM do libro “Contos e Lendas de Baiona”, de Julio Eulogio Villarino Espino.

Correo-e Imprimir PDF
baionalibro

Este venres 5 de xuño ás 20.30 horas presentarase Contos e Lendas de Baiona, ópera prima, de Julio Eulogio Villarino Espino. O libro será presentado polo autor e contará cunha introdución a cargo de Miguel Anxo Mouriño, responsable da sección de Filoloxía e Literatura do IEM. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na avenida da Feira Nº 10, baixo, en Gondomar.

Julio Eulogio Villarino Espino (Sevilla, 1982) é veciño de Baiona, onde se criou. Gañador dalgúns premios literarios (I Premio dende A Fonsagrada con Amor, 2014) e participante habitual na sección de Colaboracións Literarias do Instituto de Estudos Miñoranos, esta é a súa primeira obra publicada, onde recolle moitas das tradicións orais de Baiona.