Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Peitieiros celebrará este domingo un serán en homenaxe ás pandeireteiras

Correo-e Imprimir PDF

Seran-marzo-2015O serán terá lugar este domingo 22 de marzo a partir das 17:00 h. nunha carpa instalada no Adro de Peitieiros. O Centro Cultural e Veciñal, en colaboración coa Comisión de Festas convidan a todos os grupos e a todas as persoas que o desexen a participar. A festa rematará cunha chocolatada para as e os participantes.

Festival coral en Belesar

Correo-e Imprimir PDF

Este sábado 14 de marzo o Centro Cultural de Belesar acollerá un concerto coral a partir das 20 horas. Participarán o coro de voces brancas da Asociación "Celada" de Mos, o coro xuvenil "San Lourenzo de Belesar", a coral polifónica de "Atios" e como anfitriona a coral polifónica "San Lourenzo" de Belesar.

As crebas do Cabo Silleiro contan novas lendas na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF

550mascara-crebas

Aínda que non é requisito para expoñer na Aula de Cultura Ponte de Rosas, a obra de Alejandra Sampedro ten un vencello co Val Miñor: as crebas do mar que fan de materia prima das esculturas expostas na sala, foron recollidas nos areais do Cabo Silleiro. Súmase a esta información o feito que o avó da artista, Alejandro Sampedro foi fareiro neste lugar hai 50 anos. Con estas achegas, Fino Lorenzo abriu a rolda de intervencións que continuou co fotógrafo Santi Vega e a artista, e que deron por inaugurado "Mar de Crebas", a nova mostra que estará aberta ao público en Gondomar até o vindeiro 8 de maio.

Alejandra Sampedro inaugurará a mostra “Mar de Crebas”, no Instituto de Estudos Miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF

alejandra sampedroO vindeiro venres 13 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da mostra "Mar de Crebas", formado por obra fotográfica e escultórica da artista plástica Alejandra Sampedro. A instalación será presentada polo fotógrafo e sacerdote, Santi Vega na Aula de Cultura Ponte de Rosas. A exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres de 19 a 21 horas até o 8 de maio.

Bota andar a I Xornada NOSO AMBIENTE a prol da xestión sustentable dos montes miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF

ruta arqueoloxica panel cousoAs comunidades de montes de Camos e Couso xunto coa Cooperativa Galiza Imaxinaria, Proxecto Montenoso, Casa Colorida e Alg_a Lab.celebrarán a I Xornada NOSO AMBIENTE. O evento, aberto a todo público, está orientada a informar sobre novos proxectos de xestión sustentable de espazos naturais. O encontro terá lugar no Auditorio de Nigrán o vindeiro venres 13 de marzo de 18 a 23 horas.

Curso do CUVI preparará persoas que desexen ensinar español no estranxeiro.

Correo-e Imprimir PDF

instituto-cervantes

O Centro de Linguas do CUVI ofrece para este segundo cuadrimestre un curso de iniciación á ensinanza de español, dirixido non só a estudantes ou titulados en filoloxía ou estudos afíns, senón tamén ao alumnado de grao ou a profesorado procedente doutras especialidades, que teña interese en orientar a súa carreira á ensinanza de español fóra do país.
A matrícula abriuse o 9 de febreiro e permanecerá aberta ata o 22 de maio. Do 1 ao 12 de xuño, en horario de de 10.00 h. a 14.00 h. na Facultade de Filoloxía e Tradución impartirase a súa docencia.

TERTULIA do IEM co humorista gráfico Luis Davila “O Bicheiro”.

Correo-e Imprimir PDF

davila020315bCada día achéganos un sorriso -a maioría das veces cómplice- dende as páxinas do xornal Faro de Vigo ou nas réplicas dixitais das súas bandas debuxadas na Internet. Luis Davila "O Bicheiro" (Pontevedra, 1972) será o protagonista dunha nova TERTULIA do IEM onde falará dese mundo creativo onde a través de personaxes entrañables e moita retranca é capaz de debuxar unha radiografía do país acotío. Será este venres 6 de marzo ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar).

200 linguas e dialectos europeos, en perigo de extinción

Correo-e Imprimir PDF

costa linguasO profesor Xosé Henrique Costas critica a "narcotización" do galego que só goza de "oficialidade no no papel, pero que logo non se transforma na realidade".

"Unha lingua morre cando se extingue a comunidade que a fala ou cando esta deixa de falala". É o que pensa o profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade Xosé Henrique Costas, que alertou do perigo de desaparición que corren en Europa preto de 200 linguas e dialectos.

"Están morrendo de inanición", dixo nunha conferencia que foi organizada pola Comisión PEA-Unesco na Universidade de Vigo con motivo da recente conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna. Uha situación na que, dixo, ten que ver moito o "lingüicidio", a ocultación dunha fala, fronte o "ecolingüismo", fomentar de que cada lingua "poida vivir con normalidade no seu propio hábitat".

A realidade laboral das mulleres galegas: entre a emigración, o paro e o infraemprego

Correo-e Imprimir PDF

549fdf2bac5a9-1O ano 2014 rematou con 131 mil mulleres desempregadas, fronte ás 132 mil do ano anterior. Porén, a realidade é que na actualidade hai en Galicia 13.600 mozas e mulleres de entre 16 e 35 anos menos que hai un ano

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL