Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

A fenda profunda da crise na economía galega

Correo-e Imprimir PDF

Traballores do sector da construccion imaxe CIGA economía galega está estancada e o país sae da crise con máis lentitude e maior febleza que o conxunto do Estado. Esas son as principais conclusións que o Foro Económico de Galicia (FEG) saca do seu primeiro informe de conxuntura deste ano 2015, no que varios indicadores veñen confirmar e explicar o precario crecemento da comunidade, tal e como indicaron os datos de incremeto do PIB, que foi do 0,5% na autonomía, o peor dato dunha España que medrou un 1,4%, segundo recolle o xornal dixital Praza da Asociación de Medios en Galego.

Presentación do libro “Mil Ríos” de Manuel Sendón e Fran Herbello no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

portada-33kManuel Sendón presentará este xoves 9 de abril, ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas,  Mil ríos, libro feito en co autoría co tamén fotógrafo Fran Herbello no que documentan 34 expedicións en piragua polos ríos de Galicia. A obra, de 324 páxinas, contén textos introdutorios a cargo Pedro de Llano e Federico López Silvestre,e 224 imaxes captadas ao longo desta aventura acompañadas coas súas respectivas bitácoras e gráficas do percorrido.

A escola GALICIA EN DANZA representará a España na fase final da Dance World Cup 2015 en Bucarest.

Correo-e Imprimir PDF

emotionheaderO galardón chega trala obtención dunha medalla de ouro, dúas de pratas e tres de bronce nas eliminatorias disputadas en Barcelona durante a Semana Santa.

A escola de baile "GALICIA EN DANZA" de Baiona formará parte da Selección Española que participará na fase final mundial da DANCE WORLD CUP 2015 que terá lugar en Bucarest (Romanía) na derradeira semana do vindeiro mes de xuño.

O Xulgado de Tui absolve a sindicalista da CIG denunciada polo xerente do San Xerome

Correo-e Imprimir PDF

-O xulgado aprecia que a acción denunciada carece de relevancia penal, de acordo coas conclusións do fiscal durante a vista

O Xulgado nº 3 de 1º instancia de Tui acaba de ditar sentenza no xuízo de faltas celebrado o pasado 24 de marzo á sindicalista da CIG-Ensino Marta Dacosta, tras a denuncia presentada polo xerente do San Xerome. A sentenza é de libre absolución para a sindicalista.

Peitieiros convoca o seu II certame literario en conmemoración do Día das Letras Galegas.

Correo-e Imprimir PDF

-O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros convoca o II Certame literario co obxecto de conmemorar o Día das Letras Galegas
Até o próximo día 3 de maio está aberto o prazo para concorrer ao II Certame Literario convocado polo Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros, que ten por obxecto conmemorar o día das Letras Galegas.

Baiona inicia percorridos matinais polo seu casco histórico con guía gratuíta.

Correo-e Imprimir PDF

ofi turismo baionaRealizaranse o xoves 2, venres 3 e sábado 4 de abril, ás 11:30 horas. As saídas serán dende a oficina de turismo de Baiona (entrada ao Parador) sen que sexa necesaria a inscrición previa. O percorrido inclúe visita ao casco histórico da vila, o paseo da Ribeira, monumentos, edificios relixiosos e finalizarán na recentemente inaugurada Casa de la Navegación de Baiona. Os paseos terán unha hora e media de duración aproximada.

Tres horas de rádio para conmemorar os 20 anos de Ponte...nas ondas

Correo-e Imprimir PDF

Este 27 de marzo Ponte...nas ondas! conmemora os 20 anos do seu nacemento no mesmo escenario, na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño, co descubrimento dunha placa conmemorativa e cun programa de radio especial, retransmitido pola Radio Galega e por esta Web en streaming,  con colaboradores e participantes na experiencia ao longo destas dúas décadas nas que o proxecto conseguiu editar varias publicacións, presentar unha candidatura ante a UNESCO e sumar múltiples premios como o ONDAS acadado en 2014 á "mellor cobertura informativa" do patrimonio inmaterial galego-portugués.

Presentación do libro “Daquí e dacolá. Follas voadeiras 2001 – 2014”, de Carlos Méixome Quinteiro

Correo-e Imprimir PDF

2capa-libro-carlosOs relatos, artigos e reflexións que durante máis dunha década deste século XXI publicou o historiador e director do IEM, Carlos Méixome Quinteiro,  en diversos medios do país chegan agora reunidos nun único exemplar auto-editado:  Daquí e dacolá. Follas voadeiras 2001 – 2014. Obra escrita por un “galego sen complexos”, en palabras de Antonio Araújo Quintas (prologuista) que reflicte o exercicio do dereito “a explicar o Mundo dende aquí”, e sen o medo a “se contaminar implicándose como historiador nas cousas do mundo real”. Sentenza á que engade no prólogo que “Hoxe a maioría das súas hipóteses ou análises son realidades confirmadas e contrastadas pola vía dos feito”.

Daquí e dacolá. Follas voadeiras 2001 – 2014. será presentada o vindeiro venres 27 de marzo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, Nº10, baixo, Gondomar), nun acto que  coordinará o subdirector do IEM,  Xosé Lois Vilar e contará coa presenza do ex alcalde de Gondomar, Antonio Araújo Quintas e do autor.

O fondo do Siñor Afranio cedido ao Instituto de Estudos Miñoranos pola familia Álvarez Cáccamo.

Correo-e Imprimir PDF

600px-sinor-afranioA familia Álvarez Cáccamo cedeu ao Instituto de Estudos Miñoranos unha serie de documentos orixinais relativos á figura do Siñor Afranio. Personaxe creado polo parlamentario republicano e presidente do Consello de Galicia, Antón Alonso Ríos, ca fin de eludir a represión franquista tralo alzamento de 1936. A sinatura do convenio que rexerá a custodia e divulgación do fondo tivo lugar este mércores 18 de marzo na Aula de Cultura Ponte de Rosas por parte de Alfonso Álvarez Cáccamo, en representación da familia e Carlos Méixome polo IEM.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL