Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Vincios organiza un concerto con motivo do Día das Letras Galegas

Correo-e Imprimir PDF

Banda de Música de Vincios | Imaxe: B.M.VinciosO próximo domingo a Banda de Música e o Coro da Agrupación Musical de Vincios ofrecerán un concerto na praza Doutor Latino Salgueiro de Gondomar (Praza do Concello) ás 12:45h.

As agrupacións daran concertos de xeito individual e conxunto, cun repertorio de música galega.

A crise do emprego no Val Miñor é maior que nas pasadas eleccións muncipais. A mocidade a máis castigada.

Correo-e Imprimir PDF

En abril de 2011 había 15.292 afiliados á seguridade social en toda a comarca do Val Miñor. Iniciábase daquela a campaña electoral cara ás municipais que finalmente levaría ao Partido Popular a gobernar os tres concellos da bisbarra. O eixe da campaña popular centrábase no compromiso de deter a destrución de postos de traballo a través dunha mellor xestión das polítias de emprego e o manexo dos recursos a tal fin. Catro anos despois a crise do emprego non só non mellrou senón que agravouse baixando a 14.665 o número total de afiliacións á seguridade social. Destas 627 afiliacións perdidas, corresponden 201 a Baiona, 73 a Gondomar e 353 a Nigrán.

Os actuais rexedores defenden os datos xustificando unha falta de competencias no eido municipal e a situación de crise nacional.

BNG exixe a Montoro que cumpra as sentenzas e devolva os cartos a emigrantes retornados de Alemaña

Correo-e Imprimir PDF

davila parlamentoA portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar e unha proposición non de lei na que insta ao Goberno a acatar as sentenzas xudiciais e eximir de tributar aos emigrantes retornados con pensións de Alemaña.

A deputada do BNG empraza ao Executivo a, dado o estabelecido nas sentenzas e segundo o Convenio Bilateral, eximir "a todos os emigrantes retornados de ter que tributar polas pensións percibidas de Alemaña antes do 2013, teñen ou non reclamado nos xulgados".

Espazo Lectura organiza unha “Noite pirata” na Biblioteca Municipal de #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

noite bibliotecaNa noite do sábado 23 ao domingo 24 de maio de 2015 Espazo Lectura vai organizar na Biblioteca Municipal de Gondomar a VIII Noite na Biblioteca, que este ano vai ser unha noite pirata na que van colaborar como monitores e monitoras os membros do Comando Le de Espazo Lectura. Poderán inscribirse nenos e nenas que estean cursando este ano Educación Primaria e que participasen ao longo do curso nas distintas actividades infantís de Espazo Lectura (Contomar, Casa da Lectura ou club de lectura compartida Lendo Contigo) ou sexan fillos e fillas de socios de Espazo Lectura.

Peitieiros celebra este domingo as Letras Galegas coa entrega dos premios do II Certame literario

Correo-e Imprimir PDF

centro cul peitieirosEste domingo 10 de maio ás 19:00 h. o Centro Cultural de Peitieiros organiza a festa das Letras Galegas. O acto rematará coa actuación do grupo de teatro Bertorella que representará O Tiriñas, sobre un relato de Victoriano Taibo

Artistas e artesáns de todo o Val Miñor animarán este domingo unha nova edición do Mercado de Arte en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

unnamedEste domingo das 10 ás 21 horas instálase o Mercado de Arte de Sabaris no tradicional espazo da praza de abastos. Unha iniciativa de COEMSA, a asociación local comerciantes e empresarios de Sabarís que pretende dar a coñecer aos artistas da comarca.
Cada ano conséguese congregar a máis de corenta artistas, entre pintores e escultores do Val Miñor entre os cales atópanse firmas con gran traxectoria e recoñecemento que apoian coa súa presenza os novos valores da pintura e a escultura da comarca. Este ano como novidade inclúese fotografía artística. Todos os artistas estarán presentes expoñendo e vendendo as súas obras.

A sobrecarga de traballo deteriora a atención nas Residencias Públicas de Maiores

Correo-e Imprimir PDF

ameganova"Non podemos atender mellor porque o corpo está canso, non por falta de ganas", denuncia unha traballadora

As traballadoras de Residencias Públicas de Maiores arrastran tres anos sen poder librar domingos nen festivos. No 2012, a Lei de Medidas para reducir o déficit público nas Administracións recortou diversos dereitos recollidos no V Convenio para Persoal Laboral da Xunta de Galiza inhabilitando, entre outros, o artigo 19 que outorgaba o 75 por cento das horas realizadas en compensación por traballar domingos e festivos. Isto implica unha perda de entre 20 e 30 días de descanso cada ano e deixa aberta a posibilidade de traballar varios domingos seguidos.

A Rede Galega de Sementes instálase este sábado en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Encontrogondor 015Este sábado 9 de maio a partir das 10 da mañá dará comezo o mercado de sementes que organiza a rede galega. Nese senso, unha mesa de intercambio se instalará diante da Casa do Concello de Gondomar, a tal fin. Ao mesmo tempo, se montará un mercado tradicional no Parque da Coelleira con diversos produtos e actividades ao longo do día.

O mundo mariño pecha as TERTULIA do IEM 2014/2015 coa visita do profesor Victoriano Urgorri

Correo-e Imprimir PDF

victorianourgorriEste venres 8 de maio péchase o ciclo de TERTULIAS 2014-2015 coa visita do profesor Victoriano Urgorri, esperto no eido da zooloxía mariña e a oceanografía. O faladoiro dará comezo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa presentación do biólogo mariño e membro do IEM, Alfredo López "Tokio". Trala celebración da TERTULIA compartirase unha cea co invitado no Pazo da Escola en Mañufe.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL