Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O mundo mariño pecha as TERTULIA do IEM 2014/2015 coa visita do profesor Victoriano Urgorri

O mundo mariño pecha as TERTULIA do IEM 2014/2015 coa visita do profesor Victoriano Urgorri

Correo-e Imprimir PDF
victorianourgorri

Este venres 8 de maio péchase o ciclo de TERTULIAS 2014-2015 coa visita do profesor Victoriano Urgorri, esperto no eido da zooloxía mariña e a oceanografía. O faladoiro dará comezo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa presentación do biólogo mariño e membro do IEM, Alfredo López "Tokio". Trala celebración da TERTULIA compartirase unha cea co invitado no Pazo da Escola en Mañufe.


Victoriano Urgorri Carrasco, (Cabana-Ferrol, 1951) é un científico galego, profesor de zooloxía mariña na Universidade de Santiago de Compostela. Participou en 19 expedicións científicas en Irlanda, Ceuta, Antártica, Portugal, Concas Abisais de O Cabo, Angola e Guinea e fondos profundos de Galicia. É autor de diversas publicacións entre as que pode destacar 6 libros e 119 artigos en revistas científicas nacionais e internacionais.