Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Espazo Lectura organiza unha “Noite pirata” na Biblioteca Municipal de #Gondomar

Espazo Lectura organiza unha “Noite pirata” na Biblioteca Municipal de #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
noite biblioteca

Na noite do sábado 23 ao domingo 24 de maio de 2015 Espazo Lectura vai organizar na Biblioteca Municipal de Gondomar a VIII Noite na Biblioteca, que este ano vai ser unha noite pirata na que van colaborar como monitores e monitoras os membros do Comando Le de Espazo Lectura. Poderán inscribirse nenos e nenas que estean cursando este ano Educación Primaria e que participasen ao longo do curso nas distintas actividades infantís de Espazo Lectura (Contomar, Casa da Lectura ou club de lectura compartida Lendo Contigo) ou sexan fillos e fillas de socios de Espazo Lectura.

Para inscribirvos, débese mandar un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou chamar ao 619292991. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. O prazo para inscribirse remata o luns 18 de maio de 2015. Logo de enviar a solicitude, debese agardar unha confirmación da praza.

Os nenos e nenas que participen chegarán á biblioteca o sábado 23 ás 21:30h, logo de cear, e estarán listos para que os recollan o domingo 24 ás 10:00h. Deben traer saco de durmir, un pixama, unha muda e as súas cousas de aseo. Como veñen á biblioteca despois de cear, non teñen que traer comida, aínda que a organización agradece "algún biscoito para acompañar no almorzo. O que si teñen que traer son moitas ganas de divertirse e de pasalo ben na nosa noite pirata na que haberá xogos, poemas, cancións, contos, teatro...".