Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Cándido Pazó presenta “Memorias dun neno labrego” no Auditorio de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

memorias dun neno galego 20Cándido Pazó porá en escena este venres en Baiona a súa adaptación teatral da obra de Xosé Neira Vilas, "Memorias dun neno labrego". Pola mañá nunha función para escolares de 5º e 6º dos colexios da bisbarra e pola noite, ás 21 horas para público en xeral. Ambas representacións terán lugar no Auditorio Municipal V Centenario de Baiona e con entrada gratuíta.

Montañeiros Celtas de Vigo organiza un obradoiro de recoñecemento e cociña de plantas silvestres comestibles.

Correo-e Imprimir PDF

Desenvolverase ao longo de oito xoves (desde o 15 de Xaneiro ata o 4 de Marzo, de 16:00 a 19:00 horas) nos arredores do monte Aloia.

Gondomar prepara as tradicionais cabalgata e certame de rondallas de Reis.

Correo-e Imprimir PDF

Gondomar prepárase para recibir dous acontecementos populares de gran tradición no concello, a cabalgata dos reis magos o luns 5 e o XXXIII Certame de Rondallas o día martes 6.

Cincuenta veciños de Mañufe poñerán en escena a zarzuela “La Gran Vía” para despedir o 2014.

Correo-e Imprimir PDF

centro-cultural-manhufeTras tres meses de ensaios semanais, cultivando as gorxas e aprendendo os segredos das táboas medio centenar de veciños da parroquia de Mañufe levarán a escena a zarzuela “La Gran Vía”. Unha revista autoría de Federico Chueca e Joaquín Valverde con libreto de Felipe Pérez y González escrita con motivo da pegada da construción da gran estrada madrileña a finais do século XIX. O espectáculo, de entrada libre, dará comezo ás 21 horas no teatro do Centro Cultural de San Vicente de Mañufe.

Concerto de Fin de Ano do coro tradicional Cantares do Brión no Centro Cultural de Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

cantares-cuvi-Sábado 27, ás 20.00 horas, no Centro Cultural de Vincios. Entrada libre.
Concerto de Fin de Ano do coro tradicional Cantares do Brión, con interpretación das pezas incluídas no seu disco "Arruídos" e outras novas incorporadas ao seu repertorio durante este ano de 2014.

“Os Melómanos” do baionés Víctor Lorenzo agasallan aos gañadores dos premios da música Martín Códax.

Correo-e Imprimir PDF

vitorOs e as premiadas recibiron as fermosas estatuíñas realizadas especialmente para o evento polo escultor e músico Víctor Lorenzo.  Artista nacido en Baiona en 1968, reside e traballa na actualidade no Val Miñor. Cada un dos gañadores nas 18 categorías convocadas por esta edición dos Premios Martín Códax levaron unha como recoñecemento pola súa achega á musica galega en 2014.

A Rondalla Santiago de Parada desfilará este sábado polas rúas de Sabarís e Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

rondalla-parada-2Este sábado 20 de decembro, ás 16:30 a multicolor Rondalla que sae do Centro Cultural Parada do Miñor, desfilará por Sabarís a partir das 16:30 horas e a partir das 18 horas en Baiona. Os veciños e visitantes poderán gozar destes pasarrúas onde participarán próximo a medio centenar de rondalleiros e seis abandeirados dirixidos pola profesora Miriam Méndez Meira.

O Auditorio Lois Tobío de Gondomar acolle este sábado a obra de teatro “As do peixe”.

Correo-e Imprimir PDF

51d6ee6617aec-asdopeixeO auditorio Lois Tobío de Gondomar acolle este sábado 20 de decembro a obra "As do peixe" unha visión sobre o mundo das mulleres galegas nas fábricas conserveiras. Escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez, esta obra foi premiada na XVIII edición dos Premios de Teatro María Casares. O elenco de actrices fórmao Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Susana Dans e Rocío González. A escenografía corre a cargo de Carlos Alonso.

A Casa do Reloxo de Baiona será reconvertida nun viveiro de empresas por Zona Franca.

Correo-e Imprimir PDF

casa-reloxo-baionaO pleno de Zona Franca aprobou onte mércores a compra da Casa do Reloxo por un total de 165.000 euros . A antiga casa do Concello de Baiona até mediados do século pasado, será destinada a un viveiro de empresas tralas reformas necesarias segundo foi informado aos medios. O ben foi adquirido á Tesourería Xeral da Seguridade Social, actual titular do inmoble.
O edificio acollerá un Centro de Iniciativas Empresariais que reforzará na bisbarra o xa existente en Porto de Molle, tamén administrado por Zona Franca. As obras necesarias para remodelar a Casa do Reloxo necesitarán "dunha forte inversión", superior ao valor actual do inmoble, aseguran dende Zona Franca.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL