Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Baíña presume de foliada cun gran evento musical esta fin de semana. #Baiona

Baíña presume de foliada cun gran evento musical esta fin de semana. #Baiona

Correo-e Imprimir PDF
airinhors

Van na novena edición e coma sempre a festa será un espazo aberto a músicos e veciños que desexen achegarse á Casa Veciñal. Organizada pola Asociación Folclórica Airiños da Lagoa, a foliada comezará ás 22 horas do vindeiro sábado 13 de xuño até estragar as gorxas e baleirar as sardiñas con pan de millo, os chourizos e o chocolate que estarán disposto para consumir entre peza e peza.

As pandereteiras e gaiteiros deste colectivo de Baíña darán pé ás primeiras interpretación mais convidan a todos aqueles que desexen levar os seus instrumentos a unirse na foliada. Tamén os afeccionados ao baile terán o seu espazo, neste recinto onde habita un dos corpos de danza máis xeitosos do pais.