Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A Asociación de Danza de Gondomar pecha aulas cun gran “Festival Fin de Curso” na Alameda da vila.

A Asociación de Danza de Gondomar pecha aulas cun gran “Festival Fin de Curso” na Alameda da vila.

Correo-e Imprimir PDF
IMG-20150709-WA0002

A Asociación de Danza de Gondomar remata a tempada 2014-2015 que congregou a máis 40 mozas e mozos nas aulas impartidas por Gabriel Vázquez (Fusión), Clara Ferrao (Danza Clásica e Moderna), Hilda Lagos (Acrobática) e Sara Lago (Hip Hop). Con tal motivo porán en escena o "Festival Fin de Curso" na que todos os seus corpos de baile amosarán as principais coreografías traballadas ao longo do ano.


O evento contará coa participación especial das escolas invitadas: Asociación de Veciños Val do Fragoso (Vigo), a Escola de Danza Paradela , Danzarinos do CC de Peitieiros e a Escola Deportiva Sey (A Carrasca).

O Festival terá lugar o vindeiro domingo 19 de xullo ás 20 horas no escenario aberto instalado na Alameda da vila de Gondomar. Actividade que conta co apoio do Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra.