Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Últimos días para inscribirse para a visita guiada ao Ecoparque arqueolóxico do Monte Tetón.

Últimos días para inscribirse para a visita guiada ao Ecoparque arqueolóxico do Monte Tetón.

Correo-e Imprimir PDF
as-portaxes

O Instituto de Estudos Miñoranos en conxunto co Concello de Tomiño organizan este venres 17 de xullo unha visita guiada ao ecoparque arqueolóxico de Monte Tetón na parroquia de Tebra. A mesma dará comezo ás 20 horas e terá como guía ao arqueólogo Xosé Lois Vilar. As prazas son limitadas, polo que os interesados deberán anotarse gratuitamente de luns a xoves de 18:30 a 21:30 horas ao teléfono 986360575.


A contorna natural e patrimonial dos montes de Tebra serán o obxectivo desta visita que como é tradicional rematará na estación "As Portaxes", na que se atopa o maior gravado de círculos concéntricos coñecido así como unha importante escolma de representacións esquemáticas e naturalistas.