Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Música mexicana, zumba, fútbol e pilates na apertura da fin de semana en #Nigrán

Música mexicana, zumba, fútbol e pilates na apertura da fin de semana en #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
PROGRAMACION CULTURAL

A Concellería de Cultura de Nigrán comeza este venres as clases de pilates e zumba en Praia América (xunto a escola de vela, en Lourido). Pilates será tódolos venres ás 12.30 horas e zumba os venres ás 19.00, sábado ás 12.00 e luns ás 12.30. Ámbalas actividades son gratuítas e dirixidas a tódolos públicos. Ademais, este venres terá lugar o II Torneo de Fútbol 7 no campo Condomínguez (Priegue), organizado polo Fútbol Club de Nigrán en colaboración co Concello .


Por outra banda, o venres ás 22.00 horas na Alameda de San Campio (A Ramallosa) terá lugar o concerto do trío de música mexicana 'Cumbancha de la martiniana'. O conxunto acústico está formado por Alejandro Nuricumbo (voz e guitarra) Javier Kniffki (voz e guitarra) e Emilio Iniesta (percusión). O repertorio inclúe cumbias, rancheras, corridos, boleros, rock, son jarocho e huapangos.