Si, xa se oíu o canto do cuco e iso quere dicir nestas bisbarras que acabou a tempada na que a lamprea, ese estraño e prehistórico peixe, sobe polos ríos galegos para asentar neles o desove do que nacerán as crías que despois dunha longa viaxe polos mares oceánicos atlánticos volverán ao mesmo lugar cerrando o seu ciclo vital, xa deixou de estar no seu máis alto punto da exquisitez gabada polos “gourmet” e xentes das ribeiras do Tambre, do Ulla, do Miño,.. cociñadas de moitos xeitos, prevalecendo a guisada á “bordalesa”.
O cruceiro de San Campio
Este verán
Despois dunha longa e dura invernía chea de galernas –agora chamadas ciclogenesis- que coma é habitual apoiaron o mar, que esta cabreado polas invasións dos seus terreos que fai o descontrolado urbanismo, para rebentar o muro do chamado Paseo Marítimo de Panxón, os meteorólogos adiantan que o verán esta a chegar nestes vindeiros días. Así é que logo veremos ó grupo de veciños se xuntan nun recuncho do tal Paseo que esta perto da saída que vai ó camiño do Regueiro para tomar o sol e mirar como se pon por detrás do castro que coroa e protexe do nordés o porto pesqueiro. Nese recuncho vano axeitando con cadeiras, mais ou menos vellas, un taboleiro entre dous poios de ladrillos que fai de banco e ata unha sombrilla, todo iso na beirarrúa e seguro que sen pagar o imposto que o Concello cobra a os bares pola ocupación do terreo do Concello Se cadra botan unha partida de tute ou unha brisca e falan, falan de abondo de todo, non queda nada sen repaso.
A Volta dos Nove
De rapaces, alá polos anos cincuenta, xuntabámonos na Ramallosa uns que vivían na bisbarra, como Antonio Roade, Fino Lorenzo, Tilducha Montaña, Maida Abal, Alvarito “o da Espuma”, o fillo do alcalde de Baiona Nardo Pereira, Marisa Abal, Rafa Mascuñana “o cínife”,….mais outros que viñamos pasar o verán, entre os que estabamos, Manolo Martínez, Manolo Valverde, Luís Zamácola “o leucocito”, Justo, fillo dun anticuario do Rastro de Madrid,…..e eu.
O ferrador da Ponte d'A Ramallosa
Para Xoan 3 de 5
Aínda non hai moito tempo había un ferrador na praciña que dá entrada á Ponte de San Telmo camiño de Sabarís polo chamado Camiño Real, que atravesa o monte das Escobichas baixa polo barrio de Viso de Calvos, e pola outra banda sobe pola Cabreira a San Pedro formando a ruta por onde peregrinaban os romeiros que, dende A Guarda, collían o chamado "Camiño de Santiago pola Costa".
O mercado dos luns en Sabarís
Para Xoán 1 de 5
Dende tempos moi antigos vense facendo, todos os uns do ano, un mercado na Vila de Baiona que abrangue toda a bisbarra do Val do Miñor. Foi creado no ano 1497 ao amparo dun privilexio concedido polos Reis Católicos poucos anos despois de que a Vila de Baiona soubese da descuberta das terras do outro lado do mar Atlántico pola arribada da carabela A Pinta en 1493 e comezou a celebrábase no Monte do Boi.
O San Lourenzo de Belesar
Para Xoán 2 de 5
Vivía na parroquia de Belesar do Concello de Baiona un home máis ben pequeno, forte, tirando a groso e cunha calva grande e brillante coma unha lúa chea do mes de setembro que cubría cunha pucha daquelas de pouco voo pois non ia máis alá de onde remataba a calva e comezaba o pelo. Chamábase Manuel Blanco pero cando falaban del tirábanlle polo alcuño de “o xuíz”. Tiña oficio de carpinteiro e traballaba nunha fábrica de vidro que había na entrada de Vigo, preto da estación dos tranvías de Vigo a Baiona chamada a Florida, e nela baixaba, os días que ía traballar que eran todos menos os domingos e “festas de gardar”, coma se dicía naquel entón, unha hora despois de coller ás seis da maña en Sabarís o primeiro tranvía e facendo o percorrido de volta ás seis do serán.
A balea prehistórica
Nestes días despexados pro fríos, é unha ledicia quentarse ao sol ao pairo do mainiño nordés nunha tasquiña das que hai no paseo de Panxón e repousar o ánimo oíndo o cadencioso bruído das ondas desfacéndose na praia e recrear a vista coa paisaxe onde se mesturan, ben compaxinados, os distintos azuis do mar e os verdes dos campos e das árbores do monte, salpicados do branco de casas e barcos, e ao fondo, tras das brétemas esvaecidas, a serra d`A Groba.
É tempo de Nadal.
O sol asomase ao Val Miñor polo alto de San Antoniño, non moi cedo, sen quentura para deter a xeada que aínda campa nas herbas, nos recunchos umbráticos dos camiños e ao pe dos carballos. A friaxe dos seus raios enche de ouro a paisaxe salientando o amarelo dos vimbios que esperan o San Amaro, as vides non están podadas e as vidras semellan longos dedos deformados pola artrose. Arríncanse reflexos aceirados no río Miñor e no esteiros da Foz salpican as alburas das gaivotas ou das garzas remexendo as augas e axotar uns invisibles bechos que, facendo estraños e xeitosos movementos de danza, atrapaba co largo pico. No mar, resalta a branca escuma na rompente dos Farallons e nas illas, unha brétema, coma unha tea de araña, acabara, en canto o sol baixe por detrás da Groba, espallándose polo Val todo, envolvéndoo de noite e de friaxe.
Angelito
Ala polos anos 1910 dous irmáns, E. e Manuel Lemos, veciños do Val do Miñor que fixeran unha gran fortuna nas Américas, concretamente no negocio dos viños nunha empresa chamada “La Superiora,S.A.”, tiveron o soño de converter o lugar da praia de Lourido nun lugar de veraneo e vacacións de elite que chegara a imitar o Mónaco da chamada Costa Azul.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL